Opinión

Terrorismos

O terrorismo é falar de actos violentos e discriminados contra vítimas inocentes con fins políticos. Hai diferentes clases: o terrorismo de Estado emprega métodos ilexítimos e ilegais contra a poboación civil.

No marco global, logo do 11-S, EEUU declara a "guerra global", desespacializa e non ten límite temporal. Sinala unha serie de inimigos. Identifica organizacións como "terrorismo global". Pertencen a "estados malvados" Somalia, Libia, Siria, Irán, Iraq, Sudán, Corea do Norte… Posíbeis intervencións militares e ós que se lles nega soberanía. Países con fontes enerxéticas: petróleo, gas e materias primas necesarias para o funcionamento normal de occidente.

É a economía global. EEUU garante a asimetría na que Israel é un actor central. Así xorde o terrorismo suicida fronte a "valores occidentais". Neste contexto a cuestión palestina resólvese eliminando a súa independencia e anulando a súa identidade como pobo palestino. Un pobo que vive sitiado fronte a un muro inexpugnábel garantido polas armas, até nucleares. O ataque de Hamás ven rachar esta imaxe de seguridade e xustifica a extrema dereita sionista de Netanyahu, o retorno á "guerra santa". A resposta, a "execución militar" do pobo palestino. É a vinganza do sionismo.

Barenboim, israelita e palestino, di: "O pobo xudeu tivo un soño: unha terra propia, unha patria para todos os xudeus no que hoxe é Palestina. Pero deste soño derívase un suposto problemático e fundamentalmente falso: unha terra sen pobo para un pobo sen terra. A poboación xudía de Palestina na I GM era do 9%. Por tanto o 91% non era xudía, era palestina cultivada durante séculos. Os palestinos non vían razón para renunciar a súa propia terra. O conflito era inevitábel”

O Dereito Internacional recoñece aos palestinos o dereito á resistencia. Israel ocupa a fronteira móbil, déixaos sen leis na súa lexitimidade e sen responsabilidades. Con que medios se defenden? O terrorismo non é a solución, mais negadas solucións por vías pacíficas, o dereito a resistencia pode estoupar de forma incontrolada.

Sen xustificar os islamitas de Hamás, a resistencia palestina non ten vías para se defender. A ONU é ineficaz. O islamismo clama contra occidente.

Vía aberta ao terrorismo.

Comentarios