Abanca

A comunidade educativa mobilizouse este ano contra o proxecto. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

A universidade de Abanca supera o seu último trámite

O PP fica só a prol da universidade privada.
Sucursal de Abanca en Madrid. (Foto: Europa Press) #abanca #sareb #inmobiliaria #activosfinanceiros #vivenda #quebra #banco
ECONOMÍA

Os galegos seguen a pagar o rescate bancario

Abanca recibiu 462 millóns de euros de diñeiro público procedente do FROB desde 2013. A Sareb é un dos grandes propietarios da Galiza. A sociedade creada polo Estado para rescatar á banca non ten deixado de rexistrar perdas desde a súa fundación en 2012, converténdose nun dos principais responsábeis do aumento da débeda pública no Estado. Practicamente unha década despois os galegos seguen pagando a factura da crise bancaria.
Unha entidade bancaria en Compostela (Nós Diario).
ECONOMÍA

Malestar e queixas nas persoas usuarias polo "oligopolio" nos horarios dos bancos

As restricións horarias dos servizos de caixa nas entidades bancarias coincidindo coa pandemia motivaron a denuncia da CIG diante da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) por considerar que tras esta decisión hai "un acordo" que prexudica a clientela. Numerosas queixas sobre esta situación xa chegaron á Unión Xeral de Consumidoras da Galiza (UCGAL).
(Foto: Arxina)
SOCIAL

12-X: Marcha contra a universidade privada de Abanca en Compostela

Manifestación en Compostela contra o modelo de universidade privada que promove Abanca (Foto: Laura Barcala).
SOCIAL

Centos de persoas marchan en Compostela contra a universidade privada de Abanca

Convocadas pola Plataforma en Defensa da Universidade Pública, as persoas asistentes cargaron contra un modelo educativo que aposta por segregar o alumnado en función das súas capacidades económicas 
Estudantes durante a ocupación simbólica da Escola de Negocios Afundación de Vigo. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Erguer ocupa a futura sede da universidade de Abanca en Vigo "contra modelo privado de ensino"

O sindicato estudantil trasladoulle ao director do Ieside a súa oposición ao proxecto de universidade privada e chamou a mobilizarse este sábado en Compostela en defensa da universidade pública.
Unha protesta anterior contra a universidade privada. (Foto: Europa Press) #universidadeprivada #abanca #universidadepública #banco #protesta #compostela #cig
SOCIAL

A cidadanía retoma a loita contra a creación da Universidade Privada de Abanca

A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública non cede na súa presión e convoca unha nova manifestación, que chama a apoiar de forma masiva, para este sábado ás 12 horas en Compostela.
Protesta de clientas da entidade financeira en Catabois, en Ferrol. (Foto: CIG) #abanca #sucursais #feche #cig #clientela #atención #banca #banco #financieira
ECONOMÍA

Usuarias de Abanca súmanse ás protestas polo fechamento de oficinas

Os movementos para reestruturar as entidades financeiras non só afectan a sucursais de BBVA, Banco Santander ou Caixabank. O banco galego tamén anunciou baixas na súa rede como é o caso de oficinas en Ferrol e na Coruña.
De esquerda a dereita, Susana Ortiz, Ángeles Millé e os capitáns dos equipos masculino e feminino do Club Balonmán Porriño (Foto: Abanca).
DEPORTES

Unha iniciativa transforma redes abandonadas en material deportivo

Balonmán ou hóckey benefícianse do proxecto.
O deputado Manuel Lourenzo nunha imaxe de arquivo. (Foto: BNG) #manuelourenzo #bng #pp #parlamento #galiza
POLÍTICA

O PP rexeita escoitar á opinión dos reitores sobre a universidade privada de Abanca

O BNG pediu a comparecencia destes representantes das universidades galegas no debate sobre o proxecto de lei para a nova institución académica. No entanto, o grupo popular vetou estas voces discordantes, o que para o Bloque é unha mostra de que o partido de Goberno na Xunta e o banco están na mesma liña.
Oficina de Novo Banco en Oviedo (Foto: Xoán Roberes).
ECONOMÍA

Abanca ofrece un euro para comprar a rede española de Novo Banco

Novo Banco España achega, de acordo cos datos difundidos por Abanca en abril, un volume de negocio de 4.287 millóns.
Concentración en Compostela da Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública. (Foto: Arxina).
SOCIAL

A universidade, en loita contra o negocio da privatización

A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública volveu ocupar os sete campus en contra do proxecto privado de Abanca. A lei de creación da Universidade Intercontinental da Empresa foi admitida a trámite no Parlamento cos votos do PP.
Publicidade dos bonos comercio da Xunta da Galiza (Xunta da Galiza).
LINGUA

A plataforma dos bonos activa comercio prescinde do galego

A aplicación informática de acceso para descargar os descontos, xestionada por Abanca, só conta coa pantalla inicial en lingua galega. Unha vez iniciado o proceso a lingua única pasa a ser o castelán.

A universidade, pública

Un instante da presentación. (Foto: Abanca)
TRABALLO

Escotet desbota feches "masivos" de oficinas e reducións de persoal

Abanca pon en marcha un ambicioso plan ambiental
Reunión de Ana Pontón no Parlamento cos reitores das universidades galegas. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

'A universidade privada é un regalo do PP a Abanca', di o BNG

A líder da oposición no Parlamento, Ana Pontón, reuníuse hoxe cos reitores das universidades públicas galegas para falar do proxecto de Abanca impulsado polo PP para que vexa a luz a primeira universidade privada na Galiza.

Quen manda aquí?

Xunta de portavoces, reunida na Cámara galega (Foto: Arxina)
POLÍTICA

O PP anuncia unha petición no Parlamento para que o Estado mude a lei española de saúde

O PP quere aprobar no Parlamento unha proposición para instar o Goberno español a adecuar a Lei estatal de saúde á xestión de pandemias. Mentres, o Hórreo xa acordou iniciar a defensa xurídica da Lei de saúde galega, recorrida ante o Tribunal Constitucional no seu artigo 38.2. Pola contra, a lei que permitirá crear unha universidade privada a Abanca non irá ao próximo pleno por un "erro" nos cálculos do PP.

Álvarez-Naveiro, Emilio Briquetas, González-Laxe, Francisco Botas, Valeriano Martínez, Santiago Lago, José González e Francisco Conde.
POLÍTICA

Os proxectos europeos, en mans de Abanca

A Sociedade para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos da Galiza ten en catro dos seus nove postos do consello de administración directivos de Abanca e Reganosa.

O conselleiro delegado, o presidente e o director xeral de Abanca, principal empresa na sociedade que xestionará os fondos (Abanca)
A Coordinadora galega por un reparto xusto fala de "entrega a empresas amigas"

Acusan a Xunta de entregar "o mando dos fondos Next Generation á grande empresa especulativa e contaminante"

A Coordinadora galega por un reparto xusto dos fondos europeos rexeita a constitución da Sociedade para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos da Galiza e denuncia que a Xunta non ten en conta a economía produtiva e o reforzo público para ceder o mando a empresas que consideran "especulativas e contaminantes". Os concellos, polo seu lado, aínda non teñen información e piden que un 15% das axudas cheguen directamente.