accidente

Estado no que quedou o autobús após o sinistro. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
Agora

O Goberno español asigna melloras á estrada N-541, na que accidentou un autobús en Noiteboa

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) vén de formalizar por 7,7 millóns de euros un contrato para a execución de conservación en estradas do Estado na provincia de Pontevedra. Entre esas actuacións inclúese a mellora da estrada N-541 que une Ourense con Pontevedra, vía na que accidentou un autobús na Noiteboa de 2022, deixando sete falecidos, ao seu paso por Cerdedo-Cotobade (comarcas de Terra de Montes e Pontevedra). Esta traxedia deu lugar a que diferentes Alcaldías polas que discorre a vía impulsasen un pacto para reclamar a súa reforma ao Goberno estatal. Agora, haberá reforzo de firmes e implantación de sistemas de contención, entre outras accións.
Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Catro feridos en Ribeira após unha colisión entre tres vehículos

Os catro feridos foron evacuados polos servizos sanitarios e os bombeiros procederon á limpeza da vía.
Imaxe do accidente mortal en Poio (Foto: Garda Civil).
Agora

Falece en Poio unha muller tras envorcar o seu vehículo nun accidente de tráfico

Unha muller, M.T.R.B. de 67 anos de idade e veciña de Zaragoza, faleceu na tarde desta sexta feira na localidade de Poio tras saír da vía o vehículo en que viaxaba. Tal como informou a Garda Civil, os feitos ocorreron no punto quilométrico 9 da estrada PO-308, que une Pontevedra con Sanxenxo, ao seu paso por Poio. O vehículo saíu da vía e chocou, polo que terminou envorcando tras o impacto.

Un Garda Civil vixía a retirada do coche sinistrado, no accidente, por un guindastre. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
A Mariña

Efectivos especializados da Garda Civil reconstrúen o accidente de Xove no que morreron catro mozos

O condutor deu positivo na proba de alcolemia e foi ingresado na UCI, mentres outro dos integrantes está investigado por un presunto delito de omisión do deber de socorro após ausentarse do lugar sen socorrer os acompañantes nin solicitar auxilio.
Alfredo L.R. o condenado polo accidente de tráfico en Salceda de Caselas durante o xuízo (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press).
SOCIAL

Seis anos de prisión para o condutor bébedo que provocou un accidente en que faleceron unha nai e os seus fillos en Salceda

Os xuíces entenden que o estado de embriaguez do procesado, que di non lembrar nada das horas previas ao accidente, foi determinante no deselance.

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Falece un condutor tras saír despedido do seu vehículo despois de chocar contra un camión en Rodeiro

Os feitos ocorreron no quilómetro 13 da PO-212, en Negrelos, Rodeiro, e no momento do suceso o camión non levaba carga a bordo.
Manifestación das vítimas do Alvia, o pasado 24 de xullo en Santiago de Compostela (Foto: César Arxina / Europa Press)
SOCIAL

Vítimas de Angrois censuran a designación do novo presidente da CIAF

Quen presidiu a comisión de Fomento para informar sobre o sinistro de Angrois, agora encabeza a Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios.
O colexio Monte Baliño en Ferreira de Pantón (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Unha avoa e a súa neta precipítanse nun coche desde un muro ao patio dun colexio en Pantón

O accidente tivo lugar no colexio público Monte Baliño, situado na rúa Bispo Páramo Somoza, como trasladou o CIAE 112 Galiza.
Momentos posteriores ao choque frontal en Allariz (Foto: Garda Civil).
Agora

Tres feridos tras unha colisión frontal entre dous coches en Allariz

Tres persoas resultaron feridas leves na colisión frontal entre dous turismos rexistrada na mañá desta sexta feira no polígono de Chorente, no concello de Allariz. Segundo informou a Garda Civil de Ourense, o suceso tivo lugar no quilómetro 216.700 da estrada OU-525, que permaneceu cortada uns minutos para facilitar o traballo dos equipos de emerxencias.Os tres feridos, entre eles os dous condutores dos vehículos implicados, foron evacuados en ambulancias do 061 de Urxencias Sanitarias até o CHUO.

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Falece un operario en Quiroga tras caerlle un piñeiro enriba mentres realizaba labores forestais

Un traballador faleceu na mañá desta quinta feira no municipio de Quiroga ao caerlle encima un piñeiro mentres realizaba tarefas forestais. O accidente produciuse minutos despois das 10.30 horas no lugar das Covas, que pertence á parroquia de Augas Mestas, segundo informou o CIAE 112 Galiza. Até o lugar mobilizáronse profesionais de Urxencias Sanitarias 061, que só puideron confirmar a morte do operario.

Momentos posteriores ao accidente en Vilamartín de Valdeorras (foto: Garda Civil).
SOCIAL

Un camión sae da vía e esmaga un turismo cunha muller dentro deixando dous falecidos e tres feridos

O accidente provocou o corte total da circulación na N-120 e tiveron que ser habilitados desvíos alternativos mentres traballan na zona os equipos de emerxencia.
A viguesa avenida da Florida (foto: Google Maps).
SOCIAL

Un coche impacta contra unha marquesiña en Vigo e deixa, polo menos, catro feridos

Segundo as primeiras informacións que recibiu o 112 Galiza a través das chamadas de varios particulares, unhas tres persoas serían atropeladas, resultando tamén ferido o condutor do vehículo.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
SOCIAL

Un motorista de 57 anos falece tras chocar contra un vehículo en Vigo

Tal como informou o 112 Galiza, os feitos ocorreron sobre as 06 horas, cando varios particulares alertaron do accidente.
Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Agora

Un home resulta ferido en Forcarei tras carlle encima dunha perna o remolque dun tractor

Un home resultou ferido na localidade de Forcarei tras caerlle nunha perna o remolque do seu tractor. Tal como informou o 112 Galiza, o home traballaba na súa leira, situada no lugar de Pontefreixeira, cando sucedeu o accidente. Foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia, polo que á súa vez deron aviso aos profesionais de urxencias sanitarios e á Garda Civil. O home foi trasladado ao Hospital Montecelo.

O vehículo sinistrado en Arnoia. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Falece unha persoa e outras dúas resultan feridas nun accidente en Arnoia

O vehículo saíu da vía no quilómetro 25 da estrada OU-0215 cando os ocupantes regresaban do ambulatorio.
Momentos posteriores ao atropelo múltiple en Vilanova de Arousa (Foto: Servizo de Eemerxencias).
SOCIAL

18 feridos tras chocar un coche contra unha carpa de festas en Vilanova de Arousa

Até o lugar mobilizáronse os servizos de Emerxencias, Bombeiros e Garda Civil, entre outros, e procedeuse á evacuación do lugar onde se estaban celebrando as festas parroquiais.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
Agora

Falece un motorista de 22 anos nunha colisión contra un camión en Pantón (Terra de Lemos)

Un mozo de 22 anos, veciño de Monforte de Lemos, faleceu esta sexta feira nun accidente de tráfico rexistrado no municipio de Pantón (Terra de Lemos), ao colidir a moto que conducía contra un camión. O suceso tivo lugar sobre as 17.40 horas na N-120. A moto na que viaxaba a vítima mortal colidiu lateralmente contra un camión.

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 da Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press).
Agora

Un accidente múltiple obriga a desviar o tráfico na autovía Santiago de Compostela-Brión

Un accidente no cal se viron involucrados tres vehículos e que se saldou sen persoas feridas obrigou a desviar o tráfico na autovía entre Santiago e Brión ao seu paso polo municipio de Ames. Segundo trasladou o CIAE 112 Galiza, o sinistro produciuse ao redor das 06 horas desta sexta feira no quilómetro 4 da AG-56 no carril sentido Noia, onde chocaron un turismo e unha furgoneta.

O vehículo que atropelou un corzo en Paradela (Foto: Garda Civil).
Agora

Un condutor que que duplicaba a taxa máxima de alcol atropela un corzo á altura de Paradela

Un condutor de 28 anos que duplicaba a taxa de alcoholemia permitida protagonizou un accidente ao atropelar un corzo cando circulaba pola estrada LU-633 ao seu paso polo municipio de Paradela (comarca de Sarria). Segundo informou a Garda Civil, o sinistro tivo lugar na estrada que une os concellos de Pedrafita e Palas de Rei. O condutor sifriu feridas leves, aínda que tivo que ser evacuado ao Hospital Lucus Augusti de Lugo.

O vehículo accidentado en Monforte (Foto: Garda Civil).
Agora

Investigan un condutor accidentado en Monforte que triplicaba a taxa máxima de alcol

A Garda Civil investiga un veciño de Castro Caldelas (comarca de terras de Caldelas) que deu positivo en alcol, con máis do dobre da taxa máxima permitida, despois que o vehículo que conducía sufrise un accidente á saída da estrada en Monforte de Lemos (comarca de Lemos). A Comandancia da Garda Civil de Lugo deu a coñecer o feito que ocorreu á altura do quilómetro 11,570 da estrada LU-903.