Convocada a primeira folga na historia de Lavacolla que afecta a todos os sectores do aeroporto
Afectará todo o persoal de todas as empresas que traballan no aeroporto: AENA, compañías aéreas, limpeza, mantemento, seguridade privada, servizos auxiliares, etc., que suman un colectivo de arredor de 1.000 persoas.O conflito deriva do feche da cantina para os traballadores e traballadoras.
Os recortes salariais ao persoal de seguridade nos aeroportos galegos: 2.250 euros menos anuais desde 2012
CIG empraza UGT a “recapacitar” e contar cos outros sindicatos e cos traballadores e traballadoras no canto de procurar, din, “rédito sindical” coa convocatoria de paros en Lavacolla e Alvedro.
Todos a favor do aeroporto Rosalía
O Pleno do Concello de Santiago vén de aprobar unha declaración institucional de todos os grupos municipais na que instan ao cambio de denominación do aeroporto.
O Goberno compostelán proporá chamarlle ao aeroporto Rosalía de Castro
Compostela Aberta levará mañá quinta feira a pleno do Concello unha moción na que insta ao Ministerio de Fomento e a Aena a incorporarlle o nome de Rosalía de Castro ao aeroporto de Lavacolla.
Aeroportos de Galicia
Unha vez máis fracasou a xuntanza do Comité de Coordinación aeroportuaria de Galicia
Detido no aeroporto de Sá Carneiro un condenado por pertenza a Resistencia Galega
[Actualizada ás 10:50 horas] A radio-televisión pública portuguesa informou que foi detido, canda un acompañante, cando procuraban viaxar a Venezuela con documentación falsa. Fontes policiais citadas por medios portugueses e españois apontan que o detido é Heitor N.G. Esta quinta feira pasará a disposición xudicial. Jaime M.M foi posto en liberdade.
O goberno español ditamina que o aeroporto d@s galeg@s é Barajas
O Ministerio de Fomento négase no Congreso a transferir a xestión das terminais de Alvedro, Lavacolla e Peinador a Galiza e defende unha estrutura en beneficio do ''consolidado'' aeroporto madrileño.
Aeroportos: reestruturar para privatizar
O Comisario Europeo da Competencia, o socialista Joaquin Almunia, prepara unha Directiva Comunitaria que está previsto que vexa a luz no 2014, que ten coma obxectivo a privatización e reestruturación do sistema aeroportuario europeo. Iso explica que o Goberno Español paralizase o proceso de privatización de AENA anunciado no mes de maio polo Secretario de Estado de Infraestruturas e Transportes do Ministerio de Fomento. A actual polémica sobre os aeroportos galegos trata de encubrir ese proceso.
A chuvia e as eivas aeroportuarias marcan as más previsións de ocupación hoteleira nestas ferias
As previsións da ocupación para esta Semana Santa son a metade de hai tres anos
Bolivia nacionaliza a xestora dos aeroportos, unha filial española, por non investir en melloras
Ana Pastor non desbota o peche dalgún dos tres aeroportos galegos
A ministra de Fomento sinala que todos poden ser viábeis mais non “cos resultados de contas actuais”