POLÍTICA
Rueda sopesa o cuarto cambio no Goberno en catro anos
22/feb./24
Alfonso Rueda valora un cambio do Goberno galego para o inicio da nova lexislatura (a XII), e que sería a cuarta mudanza no Executivo nos últimos catro anos, desde os comicios de 2020. Se ben o presidente en funcións quixo esquivar as preguntas sobre este tema, "nin confirmo nin desminto", si que admitiu que "nos vindeiros días" iranse sabendo "nomes e postos" do novo Goberno da Xunta da Galiza.