star
INTERNACIONAL
Os Estados da Celac rexeitan que a guerra en Ucraína centre o cumio coa UE
07/xul./23
A III cimeira entre a Celac e a UE terá lugar o 17 e o 18 de xullo en Bruxelas. Os bloques atópanse negociando unha declaración conxunta, mais polo de agora non hai acordo sobre as temáticas que deberan centrar as conversas entre as dúas organizacións internacionais. A unión rexional de Latinoamérica e o Caribe demanda diálogo sobre cuestións bilaterais.