Falece “el Gallego” Fernández, histórico dirixente cubano
José Ramón Fernández, máis coñecido como “El Gallego” Fernández, finou o pasado domingo 6 de xaneiro aos 95 anos de idade na Habana (Cuba). Fillo de asturianos, foi un militar chave da revolución cubana e man dereita de Fidel e Raúl Castro.
Só Israel apoia o mantimento do bloqueo dos EUA a Cuba
Xa é unha tradición sostida ao longo dos últimos 27 anos. A Asemblea Xeral de Nacións Unidas votou esta quinta feira unha resolución contra o embargo [bloqueo] a Cuba, unha medida de guerra económica contra a maior das Antillas adoptada por J.F. Kennedy en 1960. O taboleiro de marcas foi mais unha vez contundente: 189 votos a favor do fin do bloqueo e só dous en contra, o dos EUA de Trump e o do seu fiel aliado Israel.
Díaz-Canel: "Aquí non hai espazo para unha transición que destrúa a obra da Revolución"
Consumado o relevo, Miguel Díaz-Canel, de 57 anos, é xa o novo presidente de Cuba. No seu discurso de asunción do cargo, deixou clara a súa vontade de partillar o liderado con Raúl Castro, quen até 2021 continuará á fronte da secretaría xeral do Partido Comunista de Cuba.
Discurso del Presidente de los Consejo de Estado y Ministro Miguel Díaz Canel Bermudez
Primeiro discurso de Miguel Díaz-Canel, novo presidente de Cuba.
Catalunya, outra vez 1898
Salvando a distancia no tempo, a resposta do Estado español ás demandas do pobo garda moitas semellanzas coa súa reacción ás aspiracións das e dos nacionalistas cubanos nas décadas finais do século XIX. Debúllaas Cilia Torna nesta análise publicada no Sermos Galiza 273. Eis un extracto.
"Eu son o irmao de sangue de Ernesto e son o compañeiro de ideas do Che"
É o irmao mais novo dun mito, mais el propio ten unha historia fascinante que contar. Unha historia de militancia no Partido Revolucionario dos Traballadores, de preso político durante 8 anos nas cadeas da ditadura militar arxentina. É Juan Martín Guevara de la Serna (Córdoba, 1943). Co-autor do volume Meu irmao Che, visita o noso país convidado por Agora Galiza para oferecer palestras en Vigo, Compostela e A Coruña.
Os 55 anos da II Declaración da Habana
Era o 4 de febreiro de 1962 cando o líder da Revolución Cubana, Fidel Castro, pronunciaba a II Declaración da Habana, un texto que sentou as bases para a unidade dos pobos de Latinoamérica contra o imperialismo dos EUA.
Google e Cuba asinan un acordo para aumentar a velocidade de conexión á rede
A segunda empresa en cotización bursátil do planeta, Google, e a Empresa Estatal de Telecomunicacións de Cuba asinaron esta segunda feira un acordo para aumentar a velocidade de conexión na illa aos produtos do xigante tecnolóxico norteamericano.
A ONU e a Unesco recoñecen Fidel como símbolo de solidariedade
O pobo cubano suma o seu segundo día de dó nacional decretado polo Consello de Estado en homenaxe ao líder histórico da Revolución Cubana, Fidel Castro. O mesmo día en que estudantes da Universidade da Habana se reunían para destacar a figura de Fidel, a ONU recoñecíao expresamente como símbolo da solidariedade mundial.
A historia xa o absolveu
Ao Comandante en Xefe, líder da Revolución cubana, non lle fai falta apelido. Era e seguirá a ser Fidel. Faleceu a sexta feira ás 22.29 horas da noite (hora local) aos 90 anos de idade. Horas após, o presidente, Raúl Castro, daba a coñecer en mensaxe televisada o falecemento do home que con tan só 33 anos comandou o Exército Rebelde en 1959.
O CGAI proxecta un ciclo de documentais sobre a Revolución Cubana
Mañá terza feira dará comezo un programa ao que a filmoteca galega lle dedica oito xornadas con 38 títulos rodados entre 1959 e 1972. Un dos protagonistas será Santiago Álvarez, o gran documentalista da illa.
Cuba volve ser elixido membro do Consello de Dereitos Humanos da ONU
160 votos valéronlle a Cuba para voltar ao Consello de Dereitos Humanos da ONU durante o período de 2017 a 2019. A Asemblea elixía a sexta feira, a través de sufraxio directo e secreto, 14 países para ingresar ou se manteren no órgano.
Bloco de Esquerda, a única força que não acompanhará o presidente da República na sua visita a Cuba
Marcelo Rebelo de Sousa visitará esta semana -quarta e quinta feira- Cuba, onde manterá um encontro com Raúl Castro.
“En Galiza falta que as músicas se mesturen sen ningún tipo de prexuízo”
O Sindicato da Noite presenta esta noite en Redondela o seu primeiro disco, liderado polo contrabaixista cubano José Manuel Díaz, que se pon por primeira vez aos mandos dun novo proxecto logo de colaborar con Frank Delgado, Marful, Alba María ou Guadi Galego.
Fidel Castro reaparece en público con motivo do seu 90º aniversario
O ex presidente cubano Fidel Castro reapareceu en público na madrugada do domingo nunha gala que tivo lugar no teatro Karl Marx da Habana polo seu 90 aniversario. O líder da revolución cubana fixo a súa aparición xunto o seu irmán e presidente cubano, Raúl Castro, e o presidente venezolano, Nicolás Maduro.