SOCIAL
Os cambios da Lei trans desde os ollos do colectivo
15/mar./23
A aprobación da coñecida como Lei trans culminou un debate parlamentario centrado nos dereitos e reivindicacións deste colectivo, un dos moitos integrados no movemento LGBTI ao que se refire a norma, necesaria mais "pouco revolucionaria", segundo as persoas consultadas por 'Nós Diario'.
SOCIAL
As agresións por LGBTfobia cuadruplicáronse en cinco anos
14/mar./23
As agresións, ataques ou ameazas motivadas pola orientación sexual ou identidade de xénero da vítima representan xa case un de cada tres delitos de odio rexistrados na Galiza nos últimos anos. E as denuncias son, lembran as expertas, apenas a punta do iceberg dos ataques que realmente se producen.
SOCIAL
Estas son as mentiras que circulan sobre a Lei trans
03/mar./23
O debate previo á aprobación da Lei para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGBTI impulsou unha serie de embustes sobre as pretensións e propósitos da norma que se avivou coa aprobación e a entrada en vigor do texto esta quinta feira.
LINGUA
A Xustiza condena Enaire pola vulneración dos dereitos lingüísticos dunha traballadora
18/xan./23
As representantes sindicais levaban anos sendo obxecto dunha sucesión de vulneracións por falta de información e de resposta fronte a cuestións que afectaban ao persoal do centro de traballo no aeroporto de Santiago.
SOCIAL
Organizacións sociais, políticas e culturais rexeitan o endurecemento do delito de desordes públicas
09/dec./22
A cuarta feira, 14 de decembro, convocan concentracións nas sete cidades pola defensa dos dereitos democráticos e das liberdades públicas
TRABALLO
Traballadoras das tendas de Inditex volverán á folga ás portas do Nadal
02/dec./22
Logo das folgas realizadas o 24 e o 25 de novembro en demanda dunha suba salarial digna, traballadoras de Inditex acordaron convocar unha nova xornada de reivindicación o 23 de decembro.
SOCIAL
Fernando Blanco, avogado: "A reforma da sedición introduce tipos moi restritivos do dereito á protesta baixo a aparencia de despenalización"
29/nov./22
A reforma do delito de sedición superou a semana pasada o seu primeiro trámite no Congreso. A proposta do Goberno do Estado inclúe a substitución deste tipo penal por outro de desordes públicas agravadas, con implicacións para as protestas sociais. 'Nós Diario' analiza os matices que introduce esta muda coa axuda de Fernando Blanco, do Observatorio para a defensa dos dereitos e as liberdades.
POLÍTICA
O PSOE acusa Feixoo de non aplicar a lei contra a discriminación LGTB cando presidía a Xunta
28/maio/22
A formación socialista acusa o presidente do PP estatal de “claudicar perante Vox".
SOCIAL
Rosa Cerqueiro: "En catro anos a Xunta non fixo nada por corrixir a perda de dereitos en saúde mental"
24/maio/22
O Movemento Galego de Saúde Mental asegura que o plan aprobado en xuño de 2020 para o coidado da saúde mental na Galiza non logrou aliviar as carencias do sistema. As listas de espera son as máis elevadas desde 2014. A incorporación de profesionais segue a ser insuficiente. A inequidade no acceso á atención sanitaria e a perda de dereitos fundamentais fechan o resumo da entidade no ecuador do plan.
SOCIAL
Até 36 meses de demora para conseguir unha valoración do grao de discapacidade
03/maio/22
Urxen aprobar o novo baremo para atender as discapacidades orgánicas.