star
"Devolvendo o golpe", algo máis que un documental
A loita de Aarón
19/nov./21
Devolvendo o golpe, o documental dirixido polo xornalista e cineasta Carlos Prado Pampín, foi o gran vencedor do pasado Festival Primavera de Cine de Vigo. Xurado e público entenderon que a historia que relata, a da loita do boxeador Aarón González e da súa familia por superar un accidente de tráfico, transcende a propia fronteira cinematográfica para converterse nun relato universal de superación.
CULTURA
'Semente de Berrar: ruído e rúa' chega este sábado ás redes sociais
19/nov./21
Será só un petisco do documental que o grupo impulsor deste proxecto audiovisual lanzará a primeiros de decembro.
SOCIAL
Un documental galego denuncia as consecuencias da ilegalización do aborto en Dominicana
03/nov./21
'Garantía de Vida' está producido polas ONGDs Agareso e ACPP.
CULTURA
'Mares da Fin do Mundo' sae navegar por cuarta vez
31/out./21
A nova edición da Mostra Internacional de Cinema Documental arrancou en Outes e estenderase até o día 1
CULTURA
‘Nación’, de Margarita Ledo, única galega para os Goya 2022 na sección documental
27/out./21
“Parabéns a todas as q a fixestes posíbel”, di a directora nas redes sociais.
MEMORIA E HISTORIA
A música acentúa o silencio da memoria na preestrea de 'Acorda'
17/set./21
A deputada nacionalista María Ortega insta ás institucións públicas a "camiñar do lado das vítimas".
CULTURA
Bruno Arias: "Xela é máis que un recordo fugaz ou unha referencia: é persoa, con todos os matices"
18/ago./21
Bruno Arias vén de recibir unha axuda ao talento por parte da Axencia Galega das Industrias Culturais para a produción dun filme documental sobre a súa tía, a poeta Xela Arias, homenaxeada polas Letras Galegas en 2021. A unidade componse da desorde, que recibe o seu nome dos dous primeiros versos dun poema de Xela, reconstrúe a súa historia a través das múltiples pezas que a compuxeron. É o primeiro filme de Bruno Arias, o que lle dá un cariz emocional e laboral a todo o seu traballo.
CULTURA
O actor e director Rubén Riós prepara a rodaxe da súa primeira longametraxe
31/xul./21
Este novo proxecto formado por un documental e unha longametraxe nace co obxectivo de cruzar as barreiras das emocións e das historias que o envolven, para trasladar a unha parte da nosa sociedade que exclúe por descoñecemento, a realidade de dous dos colectivos máis fortemente golpeados pola pandemia, a soidade e a violencia xénero
CULTURA
Santiago Pérez: "Renego da visión do patrimonio no pasado. É importante polo presente, por estar vivo"
28/xuño/21
Santiago Pérez Carrera marchou de Mondariz cando tiña 19 anos para estudar Arte Dramática ao non ter a posibilidade de facela na Galiza. Instalouse en Madrid e mantén unha relación estreita con ese municipio do Condado onde reside a súa familia. Conta cunha produtora propia, EscénaTe, con once espectáculos activos na actualidade de teatro e danza. A finais do mes de xullo estreará un documental, actualmente en fase avanzada de postproducción, sobre a cestaría na 32ª edición da Feira de Oficios Artesáns de Mondariz.
SOCIAL
Denuncian cun documental prácticas transfóbicas no Sergas
27/maio/21
Os colectivos Avante LGTB+ e Amizando urxen á fin da discriminación na sanidade pública.
star
Cine: 'A poeta analfabeta!, de Sonia Méndez
Conciencia de clase
09/abr./21
Apoeta analfabeta fai un retrato de Luz Fandiño para contar a súa historia de emigración, penurias e de como comezou interesarse pola escritura até converterse na "poeta analfabeta" e publicar libros de poemas.
O proxecto estará na rede desde o domingo
O CCG estrea un documental no cabodano de Julio Camba
26/feb./21
O Consello da Cultura conmemora os 59 anos do pasamento do xornalista Julio Camba coa estrea, en liña, dun documental sobre os seus primeiros anos na profesión da man de Arraianos Producións.
CULTURA
O documental 'Xela Arias, poeta nas marxes' verá a luz en abril deste ano
15/xan./21
O audiovisual, dirixido por Beatriz Pereira, debulla as súas múltiplas faces
SOCIAL
O documental "O rural é de todas" reivindica o papel da muller nese ámbito
23/dec./20
O proxecto audiovisual foi presentado esta quinta feira pola Deputación da Coruña. As participantes no acto telemático comentaron que a peza pode verse na plataforma Youtube.
Escavación e documental
'Ciudad de la Selva': a última fronte de batalla da Guerra Civil foi Casaio
22/dec./20
Sputnik Labrego escavará de novo nos montes de Casaio en 2021, por derradeira vez, os vestixios da 'Ciudad de la Selva', cuxa historia cobrará ademais forma de documental, incluíndo secuencias de animación. Para sufragalo, abriu hoxe unha campaña de micromecenado.
star
Reportaxes
Reboiras, o corazón dunha xeración feito cinema
14/dec./20
O filme documental dirixido por Alberte Mera (Vigo, 1987) chega ás salas de cinema ao tempo que se fan 45 anos do asasinato en Ferrol de Moncho Reboiras, a última vítima mortal do réxime franquista dentro da Galiza. Poñendo en valor os seus protagonistas, Reboiras. Acción e corazón afonda na relevancia do activismo político nacionalista do século pasado e calla no espectador como unha reivindicación da identidade propia e colectiva.
star
Cinema
Semente de vencer
14/dec./20
Desde o asasinato de Moncho Reboiras pola policía franquista na madrugada do 12 de agosto de 1975 en Ferrol, as homenaxes non deixaron de se suceder até os nosos días. Coincidindo co 45 aniversario da súa morte, e non era sen tempo, chega a primeira longametraxe documental sobre a súa historia e legado.