SOCIAL
A plataforma 'Vida e Ría ou Minaría?' denunciará a resolución de Augas da Galiza en San Fins
23/xul./22
Unha concentración da Plataforma 'Vida e Ría ou Minaría' agardaba a participación do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nun acto en Noia. No seu lugar viaxou o portavoz popular Pedro Puy que tivo que escoitar os apupos da veciñanza decidida a denunciar a resolución de Augas da Galiza que permitiría realizar vertidos nunha zona sensíbel, a pouca distancia dos bancos marisqueiros da ría de Muros-Noia.