empresa

O ministro español de Industria, Comercio e Turismo, Héctor Gómez, e o comisario de Xustiza da UE, Didier Reynders, esta terza feira en Bilbo (Foto: H. Bilbao / Europa Press).
ECONOMÍA

A demanda de préstamos das empresas da zona euro descende até o mínimo histórico

Bruxelas intenta pór remedio á falta de investimentos no sector industrial.
Intervención do presidente de Hotusa, Amancio López Seijas, no Foro da Toxa do pasado ano. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
ECONOMÍA

A Xustiza embarga unha nova propiedade do Grupo Hotusa, organizador do Foro A Toxa

A reclamación dunha contía que rolda os 20.000 euros en concepto de débedas tradúcese no embargamento dun inmóbel a Dahab Properties, tras a que se atopa Amancio López Seijas, presidente de Hotusa e cabeza visíbel do foro económico e político, cun marcado carácter neoliberal, que cada ano decorre, botando man do topónimo deturpado, na illa da Toxa.
As organizacións agrarias advirten de que dentro das poligonais eólicas hai terras de cultivo e pastoreo afectadas. (Foto: Arxina)
ECONOMÍA

A patronal volve cuestionar as sentenzas contra eólicos de Greenalia e os xuíces alertan dun "ataque á independencia xudicial"

"Que desde a Consellaría e desde unhas empresas se produzan manifestacións como as destes días, que non achegan argumentos xurídicos sobre o fondo senón cualificacións persoais, é un ataque frontal á independencia xudicial", advirte a asociación Xuíces pola Democracia, logo de que tamén reivindicase a súa "independencia" o TSXG e no mesmo día no que os empresarios cargan de novo contra as decisións xudiciais contrarias aos seus intereses.
Parque eólico da enerxética galega en Vimianzo. (Foto: Greenalia)
Xustiza

O TSXG pide respecto fronte as críticas de Greenalia e da CEG

Os xuíces defenden a independencia das decisións.
A presidenta da CNMC, Cani Fernández, a pasada sexta feira (Foto: C. Ortiz / Europa Press).
ECONOMÍA

Competencia investiga as eléctricas por abuso de posición no mercado

As faltas poderían considerarse como "moi graves".
rebaixas (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
TRABALLO

O persoal de H&M vai hoxe á folga, no inicio da campaña de rebaixas

Os sindicatos convocaron esta quinta feira os 4.000 traballadores e traballadoras da multinacional en todo o Estado español após os paros parciais da pasada terza feira. Buscan que a empresa sente a negociar novas melloras salariais.
Marta Fernández Currás, nunha comparecencia como secretaria de Estado de Orzamentos. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)
ECONOMÍA

A enerxética Ecoener ficha Marta Fernández Currás, ex secretaria de Estado de Orzamentos e conselleira de Facenda

A súa chegada á multinacional Ernst & Young suscitara a polémica e as forzas da oposición no Parlamento galego sinalárano como un caso de "porta xiratoria".
A presidenta de Inditex, Marta Ortega. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

Inditex bate o seu récord de beneficios nun primeiro trimestre: 1.168 millóns de euros

As vendas, pola súa parte, medraron por volta de 13% en comparanza co primeiro trimestre de 2022 e alcanzaron os 7.611 millóns de euros, segundo apuntan desde a multinacional.
Traballadora (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
TRABALLO

Cando e como podo pedir a baixa por menstruación dolorosa?

Esta quinta feira entra en vigor a nova norma.
Traballador nunha empresa da construción (Foto: Europa Press).
star
TRABALLO

A Inspección laboral carece de persoal suficiente para reducir a sinistralidade

O conflito aberto no organismo encargado de controlar que os centros de traballo cumpran as normas laborais e de saúde evidencia eivas no seu funcionamento. O seu cadro de persoal denuncia as dificultades que arrastran desde hai anos para realizar o seu traballo en condicións.
Traballador dunha empresa (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Catro empresas galegas optan ás axudas por reducir xornada

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo informou que un total de 41 empresas no Estado español, das que 4 son galegas, solicitaron axudas para reducir a xornada laboral sen recortar salarios.
Fileira de eólicos na serra do Candán, na comarca do Deza (Foto: Arxina).
Consello da Xunta

A Xunta cede ao capital privado a maioría accionarial na sociedade mixta para impulsar as renovábeis

Esa maioría privada, a xuízo do Goberno galego, "vai permitir un plus de axilidade na xestión".
Endesa presentou hoxe as contas.
Agora

Endesa dispara os beneficios malia o novo imposto ás enerxéticas

Endesa obtivo un beneficio neto de 594 millóns de euros no primeiro trimestre do ano, o que representa un incremento do 75,7% con respecto aos 338 millóns de euros do mesmo período do exercicio anterior, segundo vén de informar a compañía. O "bo comportamento" dos seus negocios permitiu "amortecer" o impacto do imposto de 1,2% sobre os ingresos das enerxéticas instaurado polo Goberno español —recorrido pola empresa—, que supuxo o recoñecemento de 208 millóns de euros para Endesa nas súas contas, o que eleva a súa taxa fiscal efectiva no trimestre a 31%.
O presidente luso, Marcelo Rebelo de Sousa, no centro da imaxe, durante a conmemoración do 25 de Abril a pasada semana. (Foto: Presidência de Portugal)
star
INTERNACIONAL

O choque entre o presidente luso e o Executivo ameaza a maioría de António Costa

O último escándalo vinculado coa compañía aérea pública lusa TAP e a resposta do primeiro ministro, António Costa, elevan as tensións institucionais co presidente da República, Rebelo de Sousa, que lembrou no medio da polémica que a decisión de disolver o lexislativo é unha atribución súa.
Persoal de Maderas Iglesias nunha manifestación en Vigo. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

O comité advirte que a demanda por incumprir o convenio suporá o fechamento de Maderas Iglesias

A empresa atópase no seu “mellor momento dos últimos anos”.

Usuaria de Down Galicia no seu posto de traballo (Down Galicia).
TRABALLO

A integración laboral de Down Galicia obtén o seu mellor dato con 200 persoas ocupadas

A taxa de integración das persoas participantes no programa de Emprego con Apoio foi de 77,4%.
Detectouse unha trintena de casos após a denuncia dunha traballadora. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

Denunciada unha empresa de Vigo por explotación laboral a migrantes

Unha traballadora alertou de que a compañía de asistencia sociosanitaria a domicilio que a empregaba incorría en prácticas abusivas. Posteriormente detectáronse máis casos do mesmo perfil: muller estranxeira en situación irregular, traballando todo o día, os sete días da semana, por un salario "ínfimo" e sen dar de alta na Seguridade Social.
A Xunta Xeral de Accionistas da construtora ratificou o traslado esta quinta feira. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
ECONOMÍA

Ferrovial aproba o traslado da súa sede a Países Baixos

O xigante da construción abandona finalmente o Estado español co obxectivo de aforrar millóns de euros en impostos. Mais a empresa podería exporse a unha importante sanción se a Axencia Tributaria non considera debidamente xustificados os motivos económicos para a súa marcha.
O buque AOR 'Stalwart' no porto de Ferrol o pasado maio antes de partir a terras australianas (Foto: Navantia).
TRABALLO

O persoal de Navantia reivindica con paros parciais a mellora do convenio

O comité ferrolán negociará hoxe co Goberno estatal.
En todos os anos nos que Feixoo presidiu a xunta DA GALIZA rexistrouse un saldo negativo de empresas no sector industrial (Gráfica: IGE / Nós Diario).
star
TRABALLO

O emprendemento fica na Galiza por debaixo dos niveis previos á crise de 2008

Este domingo 16 de abril ten lugar o Día Mundial das Persoas Emprendedoras. Na Galiza, este colectivo atópase por debaixo da taxa que se experimentaba no ano 2008, cando estalou a crise financeira a nivel global. No campo do saldo entre a creación e a destrución de empresas a nivel galego, a industria é o sector que máis sofre, con taxas negativas continuadas desde 2009.