O profesorado galego para contra a política educativa do PP: "Estamos fartos de recortes"
O sistema educativo galego viviu esta terza feira a primeira folga da época de Alfonso Rueda como presidente da Xunta da Galiza. A mobilización, impulsada polos sindicatos CIG, STEG e CSIF para rexeitar o acordo asinado entre CCOO, ANPE e UXT e o Goberno galego, reivindicaba reducir as ratios de alumnado nas diversas etapas do ensino e mellorar as condición laborais do persoal docente. A xornada de protesta impactou na actividade dos centros de ensino da Galiza, malia os servizos mínimos impostos por Educación e considerados "abusivos" polos convocantes.
Profesorado do ensino público, en folga polos seus dereitos
As traballadoras das escolas infantís volverán á folga ante a "falta de avances na negociación"
Erguer denuncia a "vulneración de dereitos estudantís" por parte do centro Portovello de Ourense
Ocultar o pasado para modelar o futuro
A ABAU 2024 xa ten data: estes son os prazos que debes coñecer
Suso Bermello (CIG-Ensino): "O que agobia os docentes é o exceso de alumnado por aula, de horas e burocracia"
Persoal de escolas infantís maniféstase en Vigo e na Coruña para exixir un "convenio xusto"
Os sindicatos CSIF e STEG súmanse á folga no ensino galego convocada pola CIG contra o acordo de ratios
A proposta da CIG-Ensino "aumentaría máis" os soldos do persoal docente
As universidades galegas piden máis concreción ao Ministerio sobre a ABAU
A Xunta e os sindicatos CCOO, ANPE e UXT asinan o acordo para baixar as ratios nas aulas
Mesmo número de exames e elección entre Historia de España e Filosofía: así será a ABAU 2024
A CIG anuncia unha folga no ensino o 24 de outubro contra un acordo de ratios que si asinarán CCOO, ANPE e UXT
Os comedores escolares
Os sindicatos decidirán esta terza feira se apoian a proposta de Educación de horarios e ratios, da que a CIG se desmarca
Os sindicatos decidirán esta terza feira se apoian ou non a proposta da Consellaría de Educación de rebaixa de horario lectivo para docentes e cocientes, da cal a Confederación Intersindical Galega (CIG) xa se desmarcou. A Consellaría de Educación trasladou esta segunda feira aos sindicatos a proposta definitiva, similar á xa avanzada a semana pasada. Así, dáse de prazo até o mediodía desta terza feira, 10 de outubro, para pronunciarse. A mesa sectorial está conformada por CIG, CCOO, ANPE e UXT. O secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello, incide no rexeitamento do seu sindicato a unha proposta que é "exactamente" igual á da semana pasada, "sen ningún tipo de cambio".