star
CULTURA
Vinte e cinco anos de monicreques en Redondela
06/maio/24
O Festival Internacional de Títeres de Redondela chega á súa 25ª edición este ano: un cuarto de século dignificando o teatro de monicreques do país e mostrando algunhas das mellores propostas internacionais deste xénero. O festival segue a ser unha cita ineludíbel para todas as persoas que queren manterse ao tanto do que sucede na escena de obxectos e materia animada.