Prevese a presentación dunha moción de censura en resposta á decisión de Macron, que pola súa parte non descarta disolver o lexislativo e convocar novas eleccións.
Senado e Asemblea Nacional, pendentes de votar e aprobar de forma definitiva o proxecto de reforma das pensións en Francia, que viviu masivas mobilizacións contra a mudanza a cuarta feira.
As folgas no sector enerxético, que se profundarán se o Goberno francés non retira a proposta de reforma das pensións, advirten os sindicatos, e as masivas mobilizacións previstas hoxe levan ao límite a confrontación entre as rúas e o presidente Macron.
A xornada de protesta, a sétima mobilización semanal consecutiva, foi convocada polos principais sindicatos franceses, coa Confederación Xeral de Traballadores (CXT) á cabeza.
A última actualización do Barómetro das Linguas do Mundo sitúa a lingua propia do país cunha puntuación global de 5,538 sobre 13. A presenza na Internet, chave na clasificación.
Esta nova exposición, que xa se puido ver en Lalín, Madrid e Santiago de Compostela, poderá visitarse até o 12 de marzo no Instituto Cervantes da capital francesa.
A mostra itinerante Foi un home. Laxeiro en América (Bos Aires, 1950-1970), chega ao final do seu percorrido en París despois de pasar por Lalín, Madrid e Compostela. Unha serie de gravados publicados en 1964 para acompañar poemas de Rosalía, Curros e Pondal serán a novidade que se poderá ver na capital francesa.
O territorio galego fica fóra da infraestrutura, a pesar da petición de todos os partidos con representación no Parlamento galego, incluído o PSdeG, da rectificación desta decisión.
A folga xeral que sucedeu na quinta feira, 19 de xaneiro, en Francia contra o atraso da idade de xubilación tivo este sábado unha continuación con mobilizacións en todo o Estado francés. Unha idade de xubilación que, no Estado español, no ano 2011 foi atrasada polo Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero de 65 a 67 anos.
A albiceleste celebra o seu terceiro triunfo ao grande e rompe a maldición do campión da Copa América, que até o de agora nunca conseguira gañar o seguinte Mundial.
O Executivo do Estado español deu a coñecer esta sexta feira a concorrencia do corredor de hidróxeno H2Med como Proxecto de Interese Común (PCI) da Unión Europea (UE). Porén, a Galiza fica fóra da planificación desta infraestrutura, que se espera que estea dispoñíbel para o seu funcionamento a partir do ano 2030. Ademais, existe Tensión entre os Estados promotores do H2Med polo transporte de hidróxeno xerado con enerxía nuclear.