Jorquera salienta na RG que o BNG é a forza con máis achegas da militancia e que menos depende de subsidios
O BNG é “a forza política de todo o Estado que máis se financia grazas ao esforzo de militantes e menos depende de doazóns”, sinalou Francisco Jorquera nunha entrevista na Radio Galega. O voceiro parlamentar afirma que o BNG aposta por unha reforma que impida as doazóns a partidos políticos.