O gaiteiro que non tocou para Vox
A formación de ultra dereita moveu nas redes sociais unha foto da marcha deste domingo dos de Abascal entrando no Obradoiro aos sons dun gaiteiro. O músico desminte o que as imaxes poden dar a entender.
Xose M. Sánchez Rei: "Seivane podía limitarse a reproducir instrumentos, pero optou por innovar"
Verín debulla o pasado da gaita
O programa “Verín, enclave de gaita” inclúe concertos, actividades didácticas e exposicións.Mostraranse pezas restauradas do século XVII claves para a historia deste instrumento.
Unha gaita na guerra de África, por Xoán Costa
Na segunda metade do século XIX millares de soldados galegos participaron como soldados do exército español nas guerras do norte de África.
A música tradicional en loito polo pasamento de Antón Varela
Gaiteiro, compositor e luthier, Antón Varela -Tonecho para os seus achegados- fora tamén membro d'Os Cempés. Enterrouse esta tarde en Ferrol.
Homenaxe e disco polo 25 cabodano do gaiteiro Ricardo Portela
Esta sexta feira celébranse en Cerdedo e en Pontevedra actos de homenaxe a un dos grandes da nosa gaita, Ricardo Portela, o Gaiteiro de Viascón, polo seu 25 cabodano. E Óscar Ibáñez presenta disco-homenaxe.
Premio Honorífico dos Martín Códax da Música para Antón Corral
Así o define a asociación Músicos ao Vivo, que organiza estes galardóns: “Corral representa un fito na historia da música popular galega, tanto polo incansable traballo de investigación nas melloras construtivas dos instrumentos, como polo labor de dignificación e difusión do folclore, así como por ter formado a músicos e artesáns como Anxo Pintos ou Carlos Núñez, entre outros”.
Homenaxe do mundo 'trad' ao gaiteiro Mallou
Hoxe sábado varios grupos tradicionais da capital fanlle unha homenaxe musical ao gaiteiro Juan Bello Mallou, un auténtico referente da música na cidade, que tocou durante 56 anos en Cantigas e Agarimos.
Pablo Carpinteiro reproduce unha "insólita" gaita das Cantigas con “enormes posibilidades”
Todo apuntaba a que aquela gaita das Cantigas de Santa María proviña da imaxinación do iluminador mais Pablo Carpinteiro confiou na fidelidade da iconografía da obra de Afonso X e decidiu reproducir o instrumento. O resultado: unha gaita con enormes posibilidades que confirma unha cultura pioneira na Idade Media. VIDEO NO INTERIOR.
O “Gaiteiro de Lugo” homenaxea a Díaz Castro
O calendario “O Gaiteiro de Lugo” sae de novo á rúa cunha homenaxe ao poeta Xosé Díaz Castro, a quen este ano que recolle as súas páxinas se lle dedica o Día das Letras Galegas. O calendario agrícola que naceu en 1857 continúa a súa andaina da man de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.