Sanmartín convoca o PSOE e Compostela Aberta para negociar un "goberno amplo e estábel"
"É o momento de facer historia": Pontón e Sanmartín, convencidas de que Santiago terá a primeira alcaldesa
23% de persoas indecisas decidirán en Compostela ter alcalde ou alcaldesa
A batalla polas persoas indecisas centra a loita electoral nestes últimos días de campaña en Santiago de Compostela. Un PP e un BNG á alza e un PSdeG e unha Compostela Aberta á baixa pelexan por decantar esta bolsa de votantes, que as propias formacións sitúan en arredor de 23% do total do censo.
VÍDEO | A mocidade centra o novo vídeo de campaña do BNG de Santiago de Compostela
A CRTVG cancela o debate electoral de Compostela
Na mañá da segunda feira, a CRTVG anunciaba publicamente que non tería lugar o debate electoral do Concello de Santiago porque só confirmara a súa asistencia un dos candidatos, Borja Verea (PP). Un extremo que desbotan o resto de formacións políticas, que acusan o PP e o ente público de manipular e mentir.
O "irmán" de Feixoo pide o voto para o BNG en Compostela
O actor Luis Zahera, que na ficción ten representado o papel de 'irmán' ou dobre de Alberto Núñez Feixoo polo seu parecido físico, traslada o apoio ao BNG para que Goretti Sanmartín se converta “na alcaldesa que lle pode dar unha volta ao Concello de Santiago”.
Ana Pontón presenta o BNG como "a aposta segura de cambio" en Santiago
Pontón, convencida de que o BNG "superará" as enquisas: "Vexo un apoio cada vez maior"
As eleccións municipais en Compostela, a debate en 'Nós Diario'
Na recta final da carreira electoral, 'Nós Diario' achega unha serie de entrevistas aos principais candidatos e candidatas ás alcaldías das cidades galegas para coñecer os seus programas e propostas de cara ao 28-M. Continuamos con Santiago de Compostela recollendo as opinións do alcalde e candidato do PSdeG á reelección, Xosé Sánchez Bugallo; a candidata do BNG, Goretti Sanmartín, o do PP, Borja Verea e a alcaldábel por Compostela Aberta, María Rozas.