Na comparativa mensual, con todo, o custo da alimentación rexistra unha leve moderación ao baixar en case catro puntos en abril a respecto do dato de marzo. O IPC interanual fica en 4,1%.
O dato adiantado da inflación para o Estado español marcou unha taxa de 4,1%. Á espera de que se coñeza o dato definitivo o próximo 12 de maio, incluído o da Galiza, os prezos estatais marcaron a maior suba na súa taxa interanual desde o mes de maio de 2022. Os prezos aumentaron máis de medio punto porcentual con respecto ao mes de marzo.
A caída interanual de 20,6% do custo dos bens enerxéticos impulsou a primeira rebaixa da inflación industrial da Galiza en dous anos. Porén, os prezos fabrís subiron en todo o resto de sectores. De feito, excluíndo a enerxía, o índice galego de prezos industriais sobe 9,4%. A inflación dos produtos fabrís pon en risco a competitividade das exportacións galegas.
Os datos de inflación de marzo achegados esta sexta feira polo INE amosan que os prezos dos alimentos aumentaron na Galiza 16,6% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Esta taxa interanual supón unha repetición do índice de febreiro, o máis alto da serie histórica. Os custos aumentaron máis a nivel galego que no Estado español nos últimos 12 meses.
350.000 operarios públicos exixen mellores salarios durante a maior folga en décadas en territorio alemán, abrindo a porta a unha vaga de protestas se o Goberno non escoita as súas reivindicacións.