A. Mera
25/mar./21 22:09
A Audiencia Nacional, que xulga o pagamento das obras da sede estatal do PP con cartos da caixa B do partido -segundo a acusación- acurrala de novo a formación de Pablo Casado mais tamén o Partido Popular galego (PPdeG) por moito que a causa se sitúe sobre o icónico edificio da madrileña rúa Xénova. Precisamente, as últimas confesións do ex tesoureiro do partido, Luis Bárcenas, inciden en que a orixe e o baleirado da contabilidade en negro dos populares está na Galiza, no PPdeG e, máis concretamente, en Pontevedra, berce político do ex presidente do Goberno español Mariano Raxoi, cuxa "honorabilidade" continúa a defender con insistencia o titular da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo.