O lendario Rally Dakar arranca motores dentro de exactamente dous días, o 31 de decembro, e en Arabia Saudita, onte xa está o galego Diego Vallejo, quen afronta a súa sétima edición. Copiloto de Óscar Fuertes, a súa meta non é outra que lograr rematar a proba máis dura do mundo unha vez máis.
Juan Noguerol, campión do mundo e estatal, impulsa o evento Campionato Mundial de Mototurismo coincidindo coa Volta Motociclista a Galiza 2022 en outubro.
A UE debate que en 2035 os vehículos á venda sexan de cero emisións, unha decisión que collería a Galiza coa infraestutura do vehículo eléctrico aínda sen desenvolver.
A nostalxia, e máis no mundo convulso no que vivimos, está máis de moda uqe nunca. No planeta cóntanse por millóns as persoas que pensan que o cine, a música ou os videoxogos da súa época eran mellores que as da actual. No caso do piloto Xesús Ferreiro (Melide, 1968) esa morriña maniféstase nos vehículos de competición.
Os valores de feminismo e tolerancia que a sociedade está a adoptar en cada vez maior medida impregnan, como non podía ser doutro modo, o mundo do deporte. Unha modalidade, o roller derby, adoptounos como bandeira, mais neste século XXI xa ben entrado na súa segunda década xorden outras disciplinas deportivas e paradigmas que prometen modificar para sempre o panorama atlético.
Disque o Dakar é o rally máis duro do mundo, pero até o de agora non puido co monfortino Eduardo Iglesias (1979), que vén de completar a proba sobre a súa moto no deserto de Arabia Saudita por terceiro ano consecutivo a pesar do modesto dos seus medios en comparación cos dos grandes xigantes cos que comparte pistas.
En agosto do 2000 a vida de Avelino Basanta (Muimenta, 1977) cambiou para sempre logo de que un accidente lle custase unha perna, así como moitas outras secuelas físicas. Porén, a desgraza non impediu que perseguise o seu soño de pór un pé no mundo do rally, paixón que compaxina coa solidariedade.
O Goberno español sae ao rescate dos concesionarios, os grandes beneficiarios do plan para o sector, co obxectivo de dar saída aos vehículos que quedaron sen vender polo confinamento, mais industrias como PSA deberán tirar de imaxinación para beneficiarse da liña de innovación, cuxo importe está aínda por determinar.
A industria automobilística galega, un dos motores da economía do país, retorna á actividade nun escenario cheo de incertezas. O ritmo de produción estará condicionado á evolución dun mercado que agarda pola posta en marcha de medidas encamiñadas á renovación do parque móbil.