Naturgy achégase aos 2.000 millóns de beneficio ao gañar até 20% máis
Naturgy obtivo un beneficio neto de 1.986 millóns de euros en 2023, o que representa un incremento de 20,4% con respecto ás ganancias de 1.649 millóns do ano anterior, nun exercicio no que impulsou os seus investimentos até os 2.944 millóns de euros, 53% máis, segundo informou a compañía. Pola súa parte, o importe neto da cifra de negocios do exercicio 2023 ascendeu a 22.617 millóns de euros, 33,4% menos que o ano anterior, principalmente como resultado dos prezos excepcionalmente altos da enerxía en 2022, dos que a principal gasista e terceira eléctrica do Estado español tirou proveito para aumentar a súa caixa. A multinacional, segunda produtora hidráulica da Galiza con 1.120 megawatts e 12 encoros e terceira xeradora eólica con 93,2 megawatts e 16 complexos no territorio galego, puxo o foco dos seus obxectivos neste ano na xeración renovábel de electricidade, polo que non é descartábel que intente reafirmar a súa posición no liderado do aproveitamento dos recursos galegos con novos proxectos.
Iberdrola obtén o récord histórico de beneficio con 4.803 millóns de euros
Canto tributan as grandes multinacionais polas súas ganancias?
As empresas eólicas ingresaron na Galiza 988 millóns nos primeiros sete meses de 2022
A Galiza produciu 4.919.560 megawatts de electricidade de orixe eólica nos primeiros sete meses deste ano. A produción xerou uns ingresos para as compañías titulares das instalacións de 988.458.430 euros. Iberdrola, Acciona, Naturgy e Enel, con sede fiscal en Madrid, son as empresas máis beneficiadas
As grandes multinacionais deixaron de tributar 245.000 millóns no ano 2020
A evasión fiscal supón perdas de 426.000 millóns de euros
O G7 pacta un imposto ás multinacionais do 15% para evitar unha guerra de fiscalidade a baixa
As empresas estranxeiras mandan na eólica galega
A produción eólica medrou o 14,9% en 2020
As multinacionais españolas tributan en sociedades só 12% dos seus beneficios
Facenda analiza as contas de 134 grandes grupos a nivel mundial.
Moito poder, en poucas mans
Non é unha novidade que existe unha forte interrelación entre multinacionais e que hai unha serie de axentes económicos -nomeadamente sociedades financeiras ou grupos industriais- que teñen un gran control sobre o capital de miles de empresas de todo o mundo. Disto vai unha das reportaxes que recolle o Sermos Galiza 219. Deixamos aquí un extracto.
Corcoesto ou a vontade de "non ser unha colonia pasto das multinacionais"
Corcoesto como símbolo. Como símbolo de que "as galegas e os galegos non nos resignamos a ser unha colonia pasto das multinacionais". A frase é de Ana Miranda, en campaña en Carballo.
O BNG pide a retirada dos megaproxectos mineiros "que poñen Galiza aos pés das multinacionais"
O BNG debate nunhas xornadas abertasen Compostela as estratexias e alternativas á megaminaría. Ambientalistas, economistas, biólogos, representantes veciñais... analizan os impactos destes proxectos, debaten sobre medidas correctoras e sustentabilidade