naufraxio

Tarefas de búsqueda na zona do afundimento do 'Vila de Pitanxo' (Foto: Forzas Armadas do Canadá).
Aniversario do naufraxio

Un ano do naufraxio do 'Vila de Pitanxo', un ano á espera de "xustiza e verdade"

As familias dos 21 mariñeiros falecidos o 15 de febreiro de 2022 en Terranova defenden con insistencia que se "esclarezan os feitos" en relación a un suceso polo que está a ser investigado, como presunto autor de 21 delitos de homicidio por imprudencia grave, o patrón do barco, Juan Padín. A versión final ofrecida polo mariñeiro Samuel Kwesi, o outro sobrevivente canda o sobriño do capitán, Eduardo Rial, mostra indicios que van en contra do defendido por eles dous.
Na dereita, Samuel Kwesi, durante o acto de hoxe en Marín. (Foto: Europa Press)
Aniversario do naufraxio

Marín recoñece o labor dos mariñeiros do 'Menduíña 2'

Pontevedra homenaxeará os falecidos do 'Pitanxo'
Pesqueiro na zona do naufraxio do 'Vila de Pitanxo'. (Foto: Forzas Armadas do Canadá)
Aniversario do naufraxio

Un ano do afundimento do 'Vila de Pitanxo': as familias insisten en coñecer "toda a verdade"

O Concello de Marín descubrirá unha placa en homenaxe aos 21 falecidos o próximo 17 de febreiro.
Familiares do Pitanxo, nunha protesta diante da sede da Valedora do Pobo. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
SOCIAL

Case un ano despois do naufraxio, o Goberno español licita os traballos para localizar o 'Vila de Pitanxo'

Baixarase ao casco do buque naufragado en febreiro do pasado ano para procurar indicios que axuden a coñecer as causas. 
O patrón do 'Vila de Pitanxo', Juan Padín, e mais o seu sobriño, o mariñeiro Eduardo Rial, á súa chegada á Audiencia Nacional. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
SOCIAL

O capitán do 'Pitanxo' presenta un informe para acreditar que a parada do motor foi a causa do naufraxio

Con "datos obxectivos", o documento presentado por Juan Padín pretende analizar as diferentes versións que contaron os sobreviventes da traxedia.
Pitanxo pérez meca europa press
TRABALLO

Mariñeiros que socorreron o 'Villa de Pitanxo' aseguran ante o xuíz que o patrón mudou a súa versión do naufraxio

Explican que o barco non debeu saír traballar e que se enfrontou a ondas de 7 metros, fortes choivas e visibilidade escasa.

Á esquerda, o patrón do 'Vila de Pitanxo', Juan Padín, canda o seu avogado e mais o sobriño, Eduardo Rial. Á dereita, Samuel Kwesi. (Fotos: Europa Press)
SOCIAL

Catro chaves da investigación do naufraxio do 'Pitanxo'

A Audiencia Nacional chama a declarar a próxima cuarta feira os tripulantes do barco que rescatou os sobreviventes do afundimento.
Imaxe de arquivo do 'Vila de Pitanxo'. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Un robot dunha empresa privada baixará ao pecio do 'Vila de Pitanxo' para investigar o naufraxio

A investigación dos restos do navío afundido en Canadá terá lugar en 2023.
Hemiciclo do Parlamento Europeo (Foto: Parlamento Europeo).
SOCIAL

O Parlamento Europeo aproba por unanimidade instar o Goberno español a baixar ao pecio do 'Vila de Pitanxo'

Após escoitar as familias das vítimas e a valoración unánime dos grupos parlamentarios en Bruxelas, a presidenta da Comisión de Peticións, Dolors Montserrat, decidiu remitir unha carta ás autoridades estatais para que actúen coa "maior celeridade e dilixencia posíbel" para dar resposta ao requirimento das familias.
Familiares dos falecidos no 'Vila de Pitanxo' ás portas do Congreso o pasado mes de xuño. (Foto: Juan Barbosa / Europa Press).
SOCIAL

O naufraxio do 'Vila de Pitanxo' chega ao Parlamento Europeo: estudará a petición das familias de baixar ao barco

Representantes de 17 familias dos falecidos viaxarán a Bruxelas para seguir a comisión que debaterá a súa solicitude.
O patrón do 'Vila de Pitanxo', Juan Padín, e mais o seu sobriño, o mariñeiro Eduardo Rial, á súa chegada á Audiencia Nacional. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
SOCIAL

O xuíz que investiga o naufraxio do 'Pitanxo' solicita un informe para saber se se pode baixar ao barco

A Audiencia Nacional pon en dúbida a versión do patrón do navío, único imputado polo afundimento.
O pesqueiro 'Vila de Pitanxo'. (Foto: Ministerio de Pesca)
SOCIAL

O Goberno español deseñará unha maqueta do 'Vila de Pitanxo' para investigar o naufraxio mentres segue sen baixar ao pecio

Para as familias, esta medida é "decepcionante".
O pesqueiro 'Vila de Pitanxo'. (Foto: Ministerio de Pesca)
SOCIAL

Medio ano do naufraxio do 'Vila de Pitanxo': As familias dos falecidos insisten en baixar ao barco

Os familiares dos mariñeiros falecidos denuncian a "deixación de funcións" do Goberno español.
Nova protesta das familias do 'Vila de Pitanxo'. (Foto: Pedro Davila / Europa Press)
SOCIAL

As familias do 'Pitanxo': "Xa que o Goberno español non o fai, pedimos axuda á xente boa deste país para baixar ao barco"

Cargan contra Pedro Sánchez, que días despois do naufraxio prometeu facer "o posíbel e o imposíbel". "A quen trata de defender, presidente? Saiba vostede, se trata de ocultar algo, que as familias non cansaremos", dixo Kevin González, fillo dun dos mariñeiros falecidos.
Samuel Kwesi pasa por diante de Eduardo Rial após declarar na Audiencia Nacional. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press)
SOCIAL

Samuel Kwesi insiste en desmentir o patrón do 'Pitanxo'

O patrón, Juan Padín, e máis o seu sobriño, Eduardo Rial, mantiveron ante a Audiencia Nacional que o terceiro mariñeiro que sobreviviu ao naufraxio "mente" e que o sinistro foi consecuencia dunha parada repentina do motor.
[Imaxe: Salvamento Marítimo]
SOCIAL

Rescatados os tres tripulantes dun pesqueiro que afundiu a cinco millas de Punta Candieira

Os mariñeiros do 'Paz Segundo' foron trasladados ao porto de Cedeira.
Rolda de prensa dos familiares dos desaparecidos no Vila de Pitanxo. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press)
SOCIAL

Os familiares do 'Pitanxo' volverán pedir á ministra de Transportes a baixada ao pecio

As familias urxen a baixar ao pecio "antes de que remate o verán".
Samuel Kwesi e María José do Pazo, familiar dun dos mariñeiros aínda desaparecidos. (Foto: Javier Parra/Europa Press)
SOCIAL

A tripulación do 'Pitanxo' pediu ao capitán que soltase o aparello cando comezou escorar: "Asasino, quérenos matar"

O mariñeiro Samuel Kwesi insistiu na súa declaración na Audiencia Nacional na versión que xa dera á Garda Civil: que o patrón, Juan Padín, fixo caso omiso das advertencias da tripulación e que só el e máis o seu sobriño levaban o chaleco salvavidas. Porén, Padín reitera que as palabras de Kwesi non se axustan á realidade.
Imaxe de arquivo do espigón de Malpica.
SOCIAL

Falece unha muller nun naufraxio en Malpica

O 112 recibiu o aviso contra as 7.30 horas desta quinta feira.
Recreación da Arribada en 2021 (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A Costa da Morte lembra o 'City of Agra' cunha programación cultural

Unha exposición mostrará a historia deste naufraxio que conmocionou a costa galega. Música, roteiros e unha exposición servirán de homenaxe, tamén, para a poboación que acolleu aos superviventes.