Tensi Xesteira
25/nov./22 16:57
A historia dos lugares sempre a constrúen as persoas que os habitan. A illa de Ons, pertencente ao termo municipal de Bueu, posuíu desde sempre unha idiosincrasia propia, asociada sobre todo á súa condición insular, cunha cultura e unha historia diferenciadoras. Tal é o caso da lingua, que forma parte do seu patrimonio inmaterial e que foi protagonista dunha profunda análise por parte de José Manuel Dopazo. Veciño de Bueu que se namorou da illa e das súas xentes, e por iso estudou a fala tanto na súa tese como nun libro que vén de publicar Chan da Pólvora. Conversamos co autor arredor do que supuxo este estudo e compartir tantas horas cos illáns e illás, e máis concretamente do libro Até aquí podo contar.