redes sociais

No seu informe bianual de transparencia, Twitter destaca que entre xaneiro e xuño de 2019 se suspenderon 244.188 contas por violacións relacionadas con explotación sexual infantil.
star
Reportaxes

Twitter. Gorida dos pedófilos

As redes sociais poden ser un marabilloso vehículo de comunicación, capaces de interconectar familias separadas por miles de quilómetros ou de achegar información ao minuto sobre calquera tema en concreto. Porén, tamén agochan unha cara oculta, escura e velenosa, e Twitter en particular hai tempo que vén sendo empregado como un refuxio no que os pedófilos sacan partido das opcións de privacidade e mesmo do propio algoritmo da plataforma, tal e como se revela nesta investigación xornalística de Sermos Galiza. 
"Twitter, a gorida dos pedófilos", unha reportaxe de Héctor Pena que atoparás neste número de 'Sermos Galiza'.
CULTURA

'Sermos Galiza' investiga sobre a pedofilia oculta en Twitter

Aliás, entrevistamos o afamado pianista James Rhodes, analizamos o paso das Tanxugueiras polo Festival de Benidorm e falamos do inicio do Entroido na Galiza. Todo isto, e máis, este sábado con 'Nós Diario'.
Mudar os riscos no ámbito dixital exixe o acompañamento das familias e da escola mais a protección da industria e das institucións (Foto: Sendra).
SOCIAL

O ciberacoso e o 'sexting', principais riscos para a rapazada galega na internet

Un estudo de Unicef Galiza destaca os usos e as prácticas máis problemáticos da poboación adolescente na contorna dixital.  
Un estudo de Unicef alerta dos riscos da internet (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Un de cada catro mozos galegos fai un uso "problemático" das redes sociais

Unicef presenta esta terza feira o informe "Impacto da tecnoloxía na adolescencia na Galiza".

O guía de turismo Guido Álvarez (Nós Diario)
LINGUA

Un guía turístico de Lugo recibe ataques por guiar e comunicarse en galego nas redes

O guía de turismo Guido Álvarez, colaborador de Nós Diario, partillou algunhas das mensaxes contra o galego que recibe a través das redes sociais nas que emprega sempre este idioma. En pouco tempo recibiu múltiples mostras de apoio e ánimo polo seu traballo de difusión nun sector tan importante como o seu.

GC bandoleros
SOCIAL

A Garda Civil ten que retirar un chío no que cualificaba os maquis de “bandoleiros”

O chío provocou unha forte indignación nas redes sociais, que levaron ao Instituto armado español a borrar o tweet.

 

Olaxonmario é un dos finalistas na categoría Calidade Lingüística. (Foto: Facebook)
CULTURA

Olaxonmario triunfa na 5ª edición dos Premios Youtubeiras

Olanxonmario, O Son das Ideas, Neeumatiko, Pablo Rodríguez Vila, Toxío, AstroXabi, Cousas RarismASMR, Cousxs, Xacobo de Toro, Recuncho Gamer e Orgullo Galego levan os galardóns deste 2021

Adriana Romero é unha firme defensora dos dereitos do colectivo LGTBIQ+. (Foto: Nós Diario) #adrianaromero #ciberactivista #redessociais #youtube
Adriana Romero é ciberactivista

Adriana Romero: “É importante que cada vez haxa nas redes sociais máis xente comprometida co galego”

Adriana Romero é unha ciberactivista que abordar temas como o feminismo, o galeguismo ou a igualdade LGTBIQ+. Baixo o nome de “Galiza en pé”, Romero posiciónase de modo claro en contra das inxustizas sociais e a prol dos colectivos máis desfavorecidos. Considera que as redes son unha ferramenta moi útil para concienciar sobre temáticas que afectan no día a día a moitas persoas.
"Magnetismo en liña" é o lema desta quinta edición (Imaxe: Nós Diario).
LINGUA

Os Premios Youtubeiras abren a inscrición da quinta edición

Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, abren o prazo de inscrición para a súa quinta edición
Laura, á esquerda, e Cristina comezaron en febreiro con “Como arrecende”. (Foto: Nós Diario) #comoarrecende #galego #gastronomía
LINGUA

"Con 'Como arrecende' decatámonos de que hai vontade de cociñar e de facelo en galego"

Laura e Cristina son dúas rapazas que comezaron a divulgar contido gastronómico en galego a principios de ano. A través dunha conta chamada “Como arrecende”, comparten receitas e consellos sobre cociña nas redes sociais Instagram e Twitter. Buscan que existan máis publicacións sobre gastronomía nas redes sociais en lingua galega, para achegar o seu gran de area ao proceso de normalización da lingua en ámbitos menos habituais, como é o mundo culinario nas novas redes.

Non vale choromicar: máis libres e menos rabaño

Manifestación a prol da Revolución o pasado sábado no malecón da Habana (Cuba). (Foto: Granma)
INTERNACIONAL

A realidade paralela da desinformación nas redes sociais sobre a situación en Cuba

Despois dos disturbios do 11 de xullo, a situación na illa estivo marcada pola desinformación, nunha acción que as autoridades de Cuba cualificaron como unha campaña organizada desde o exterior para xustificar unha intervención en contra de Cuba pola situación creada pola pandemia e o bloqueo dos EUA.
Os xogadores do Celta coas camisolas recollendo palabras galegas con motivo do Día das Letras Galegas 2021 (RC Celta de Vigo).
DEPORTES

As críticas ao responsábel de comunicación do Celta abren o debate da lingua

As redes sociais son o espello dunha marca e poden servir para mellorar a imaxe a quen representan. A notábel redución da presenza da lingua galega nas redes sociais do Celta de Vigo, o club galego con máis seguidores, provocou a reacción de seareiras e seareiros reivindicando o sentimento da entidade celeste. 
nis diario mobil
SOCIAL

Nós Diario, primeiro medio en galego en superar os 40.000 seguidores en twitter

A conta oficial de Nós Diario é a cuarta máis seguida entre os xornais que se publican na Galiza.

diaz-canel
INTERNACIONAL

Díaz-Canel ataca o "terrorismo mediático" nas redes que busca desestabilizar Cuba

"O discurso da represión é unha total mentira", asegura o presidente cubano.

Borrando o estigma (I)

A esquerda imaxe de Turismo da Galiza, a dereita follas de acivro. (Foto: Turismo da Galiza / jacilluch)
SOCIAL

Turismo da Galiza descoñece como é un acivro

Ducias de persoas cuestionaron o traballo de Turismo da Galiza, unha entidade pública dependente da Xunta, despois dunha publicación en redes sociais na que amosan o seu descoñecemento do acivro, confundíndoo co capudre.
Andrea Mosteiro, durante unha viaxe a Barcelona realizada en xuño de 2019. (Foto: Xabier Camba Sanmartín)
LINGUA

Andrea Mosteiro: "Vivimos nunha sociedade onde o galego é a lingua B, non ten o prestixio necesario"

Andrea Mosteiro Sanxiao creou o proxecto "Na Estrada, en galego" en febreiro de 2020 con 16 anos, cando estudaba 1º de bacharelato. A iniciativa emprega as redes sociais para visibilizar os comercios que usan a lingua galega e serve, ao mesmo tempo, para unilos a través do amor polo idioma. Comezou con poucos participantes mais agora, malia algunha baixa a consecuencia da crise pola pandemia, son 29. Nós Diario reflexiona con ela sobre a situación do galego no comercio e na sociedade.
Peleteiro é, con moito, a atleta do país con maior relevancia en Twitter e Instagram. (Foto: EP).
DEPORTES

As mulleres deportistas, nun segundo plano nas redes sociais

Un estudo que analiza a presenza e o impacto dos e das deportistas galegas en Twitter e Instagram revela que as mulleres son menos seguidas e teñen menos engagement, é dicir, interaccións, que os seus homólogos masculinos.
 
Equipo
Impulsado pola Deputación da Coruña

Chega ás redes o proxecto cultural dixital 'Referentes'

O vindeiro mes de marzo botará a andar nas redes sociais o proxecto audiovisual dixital Referentes, unha proposta impulsada pola área de Cultura da Deputación da Coruña.