Montse Dopico
18/xuño/21 18:00
Aínda que non existise a súa obra científica, só a creación de Carvalho Calero como poeta, narrador, dramaturgo e ensaísta daría para celebralo como merece, non dándoo nunca por clausurado. Así pensa María Pilar García Negro, autora de Rectificar a historia: Escritos sobre Ricardo Carvalho Calero (Laiovento). Nesta entrevista, a profesora, escritora e política galega analiza a traxectoria do ferrolán e os motivos do afastamento do que foi obxecto, respondendo algunhas das críticas verquidas sobre el e conectando o seu legado co devir do galego nos últimos 40 anos.