INTERNACIONAL
Biden asegura que Washington non enviará soldados a Ucraína
08/mar./24
Macron reitera que "non hai ningunha liña vermella".
Madrid reclama que Pablo González sexa xulgado o "antes posíbel".
As declaracións do presidente francés, Emmanuel Macron, que non descartou a despregadura de soldados da OTAN en Ucraína, foron rexeitadas por múltiples membros da alianza militar, xusto nun momento no que os arsenais deste grupo están a un nivel moi baixo após a entrega de armamento ao Exército ucraíno.
24 meses despois da entrada no conflito interno ucraíno de Rusia, que xa tiña o control de Crimea após un referendo hai unha década, o estancamento na fronte estase a rachar paulatinamente, cunha Ucraína nunha situación "extremadamente difícil".