UVigo

A Xunta decretou o pasado día 7 o fechamento da hostalaría en 60 municipios galegos (Álvaro Ballesteros / Europa Press).
Matemáticos da Universidade de Vigo e da Universidade de Santiago de Compostela

"Porfiar en medidas locais para un asunto global exponnos a unha terceira onda"

Matemáticos da Universidade de Vigo e da Universidade de Santiago de Compostela avogan por un confinamento europeo que ofreza unha solución global ao problema que representa a pandemia da Covid-19.

Trampas ao solitario

coronavirus comercio arxina
Propoñen tamén medidas estritas para acceder ao territorio da UE

Dous científicos galegos decántanse por confinar Europa durante 15 días

Dous matemáticos galegos, das universidades de Compostela e Vigo traballan no desenvolvemento de modelos predictivos ante a crise sanitaria pola Covid-19.
O primeiro número de 'Nós Diario', na rotativa.
SOCIAL

Unha tese da Uvigo afirma que a prensa en galego era dependente da española até a chegada de 'Nós Diario'

Coa chegada deste mesmo ano, 2020, a lectura de prensa en galego deixou de ser “dependente e complementaria da española”. Foi debido á irrupción de Nós Diario no sistema mediático galego. Así o demostra a investigadora da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo Silvia Duarte, na súa tese de doutoramento A ideoloxía na para/tradución e nos transvases de información: análise da situación da prensa en galego, dirixida polos doutores Silvia Montero e Xoán Manuel Garrido.

Posto de información do programa 'Falamos' (Nós Diario)
LINGUA

O programa 'Falamos' de Pontevedra comeza con 171 persoas inscritas

O programa, deseñado polo Concello e pola Universidade de Vigo, ten como obxectivo de promover o uso do galego como lingua de socialización entre a comunidade universitaria. A maioría das persoas inscritas decláranse castelanfalantes ou bilingües e entre as motivacións persoais para participar no programa indican o interese pola lingua e o perfeccionamento do galego.

IMG-20200801-WA0033
Doutora en Arqueoloxía Prehistórica e investigadora da UVigo

Berta Morell: "O estudo axudaranos a entender os patróns do Neolítico cunha perspectiva de xénero"

Alba Masclans e Berta Morell son as investigadoras principais dun proxecto que pretende desentrañar os patróns de mobilidade das primeiras sociedades agrícolas do centro de Europa, en concreto, nos Cárpatos. A primeira delas investiga desde a Institución Milà i Fontanals do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), en Barcelona, e a segunda faino desde a Universidade de Vigo, no Grupo de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio e tamén desde Tübingen en Alemaña. 
Acto inicio curso Universitario do 2020 en Vigo. (Foto: UVigo)
SOCIAL

A Universidade, "ao dispor" da sociedade galega para colaborar nos retos do país

O salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo acolleu, na semana en que deron comezo as clases nas distintas facultades galegas, o acto oficial de inicio de curso, marcado pola excepcionalidade da situación sanitaria
campus_lugo
SOCIAL

Arranca o curso nas universidades sen a presencialidade asegurada

Cada un dos tres centros galegos conta cun plan de continxencia e utilizará fórmulas telemáticas cando non se poidan cumprir as distancias de seguridade.

Investigadoras da Universidade de Santiago de Compostela nun laboratorio (Imaxe: Arxina).
SOCIAL

Ciencia pública galega para entender o coronavirus

Desde o mes de marzo, multiplicáronse nas tres universidades galegas os proxectos dirixidos a comprender o novo coronavirus e as súas consecuencias na saúde das persoas. Mais tamén a procurar unha vacina ou tratamento efectivos ou a analizar as consecuencias das medidas tomadas polas Administracións públicas na economía, nas familias ou na saúde mental. 
Cristian Javier López (Nós Diario).
CULTURA

Cristian J. López, licenciado en Música e Letras: "Por medio da música a literatura gaña novos espazos"

"A literatura é unha das artes que contribuíron á humanización, auxiliándonos na creación do sentido crítico". O arxentino Cristian Javier López realizou entre a Universidade de Vigo e a brasileira Universidade Estadual do Oeste do Paraná unha tese coas conexións entre as poetas Helena Kolody e Idea Vilariño.
Imaxe do primeiro espectáculo da aula, no ano 2011 (UVigo)
CULTURA

D-Ou-Tras celebra dez anos de danza no campus universitario de Ourense

Campus Vida da USC, baleiro durante o estado de alarma (Imaxe: Arxina)
SOCIAL

A proposta das universidades: "gradualidade", "autonomía" e importancia do "carácter presencial"

Os reitorados das tres universidades galegas elaboraron unha proposta, xa remitida á Xunta, alternativa ao borrador da Consellaría que cambiaba o modelo de universidade cara a un 'online'. 

velutina sandra rojas universidade de vigo
SOCIAL

A invasión da velutina ameaza os insectos polinizadores e a reprodución das plantas

A vespa velutina converteuse nunha das especies exóticas invasoras máis daniñas para a biodiversidade e a economía galegas. Un estudo pioneiro, realizado por investigadoras da Universidade de Vigo, confirma que a avespa asiática afecta aos insectos polinizadores e tamén á polinización das plantas.
Dous exemplares de 'Philogenia gaiae', durante unha cópula (Adolfo Cordero).
SOCIAL

Investigadoras de Vigo, Brasil e Ecuador descobren unha nova especie de libélula amazónica

O responsábel do grupo Ecoloxía Evolutiva e da Conservación da Universidade de Vigo, Adolfo Cordero, participou no achado da Philogenia gaiae, que recibiu esta denominación en homenaxe á súa filla Gaia. 
2020050719553341870
Investigador

Fernando Pérez: "A tecnoloxía será útil no control da pandemia sempre que se use como un apoio"

Un equipo da Universidade de Vigo, co catedrático Fernando Pérez á fronte, vén de realizar un estudo para analizar as potencialidades e feblezas dos modelos de aplicacións de rastrexo de contactos para a xestión do coronavirus. As súas conclusións desaconsellan o seu emprego nas súas versións actuais. 
Iván Area matemático universidade vigo
SOCIAL

Iván Area: "Se os datos son correctos, poderemos prever futuros rebrotes e medidas de control"

O equipo de investigadores que adiantou como ía ser a expansión da COVID-19 na Galiza inicia un novo proxecto que permitirá prever os recursos necesarios a medio prazo para loitar contra esta enfermidade. Nós Diario conversa cun dos seus integrantes, o matemático da Universidade de Vigo (UVigo) Iván Area.
Estudante da Universidade de Vigo (UVigo).
Social

A UVigo afirma que a folga convocada por Anega "non cumpre os requisitos dun paro"

A  Universidade de Vigo traslada que se manteñen o calendario de exames e a actividade docente.
manuel reigosa
Manuel Reigosa, reitor Uvigo

"Apostamos por manter as datas finais e estender os prazos en casos excepcionais"

A Universidade de Vigo desbotou a posibilidade de avaliar o seu alumnado de forma presencial na recta final do presente curso. Aposta pola avaliación continua e conta poder respectar o calendario previsto. Nós Diario conversa co seu reitor, Manuel Reigosa, que quere que o alumnado asegure as competencias das materias que cursa.
(Europa Press)
SOCIAL

“O esperábel é tardar 45 días en reducir o número de persoas infectadas a cero”

Un grupo de investigación formado por especialistas das universidades de Santiago, Vigo, Aveiro e o CSIC empregou unha metodoloxía semellante á das enquisas electorais para ditaminar o alcance da pandemia.

Plantación de eucaliptos. (Foto: Arxina)
ECONOMÍA

A Xunta acórdase agora do inventario forestal

Despois de anos agardando polo documento, o sector forestal ve como a Xunta dá os primeiros pasos para contar cun Inventario Forestal.