Así soa o novo tema de Rebeliom do Inframundo e Fillas de Cassandra
Rebeliom do Inframundo e Fillas de Cassandra veñen de asinar a súa primeira colaboración, "Contra vento e marea". O tema, que xa está dispoñíbel nas plataformas dixitais, preséntase como un arrebatador, cómplice e fascinante xogo de contrastes entre dúas formacións esenciais na actual escena da música galega. O sinxelo demostra que a confluencia entre as dúas bandas que agromaron en Vigo é natural, enriquecedora e proveitosa para a música do país.
Contra vento e marea, explica Nervo, MC de Rebeliom do Inframundo, é "unha oda á superación, a remar contracorrente, a manterse a flote, a sobrevivir no medio desta puta loucura". É un canto a non deixarse levar pola ira, mesmo sendo conscientes que hai razóns dabondo para que a ira aflore. "É unha canción chea de orgullo, forza e valor, evocadora de todo tipo de sentimentos precisos para vencer á frustración», expón.
Ao fío, María SOA e Sara Faro salientan "a forza e a colectividade" que se desprende da peza. "Como di o tema, somos rochas contra as que bate o mar. Contra todos os contratempos que poidan vir, ímonos manter firmes e mirar cara adiante", apuntan.
Nesta primeira colaboración, Rebeliom do Inframundo achégase a un rexistro poético conmovedor e descarnado, cunha colosal carga emotiva, mais sen deixar, en ningún momento, a súa esencia combativa. "Som o som das ondas à beira do mare, o latejo, a espuma branca, o nosso lare, a costa e dureza. Puto, nom todo vale. Ilhas Atlânticas freando tempestade", rapea Nervo sobre a produción musical de 2Pasøs e Frank Huxley.
Pola súa banda, Fillas de Cassandra expoñen, dun xeito vehemente e apaixonado, a fortaleza que reside nelas. "Nas augas do inframundo fazemos o nosso mare", cantan María SOA e Sara Faro nos primeiros compases do tema.
VÍDEO | As imaxes son impresionantes: así foi a erupción do volcán Ruang en Indonesia
Así é 'AGalega', o "Netflix" da TVG
Nace unha plataforma dixital con máis de 1.400 contidos en galego en aberto impulsada pola CRTVG.
Estas son as 18 finalistas dos Premios Youtubeiras 2023
As gañadoras dos oito galardóns daranse a coñecer o 17 de febreiro
A creatividade novel máis social e persoal agarda no Auditorio da Galiza
Nace a Mesa do Audiovisual Galego: estes son os seus obxectivos
Guadi Galego - 'O.D.A.'
Caamaño&Ameixeiras - 'Ai de min'
Mondra & Aida & Berto - 'Ruando'
Recta final da gravación do filme 'As Neves'
VÍDEO | Rueda, un 'cameo' de Raxoi e unha gralla ortográfica. Eis o peculiar video do PP galego para desexar un bo Nadal
Premios Youtubeiras 2022: estas son as 22 propostas finalistas que optan a oito categorías
Abre o prazo de inscrición dos Premios Youtubeiras, que incorporan unha nova categoría
Tanxugueiras – 'Pano Corado'
Feixoo parabeniza as festas de Nadal aos galegos e galegas…en castelán
Vídeos, banda deseñada e palestras: Homenaxe no cabodano de Ricardo Carvalho Calero
O Instituto da Lingua Galega convoca o concurso de vídeo Móvete
Mayka Cacheiro: "Vivir no rural supón un custo e unha perda de dereitos e de garantías"
Un documental de Xarda Sociedade Cooperativa Galega trata o desmantelamento da sanidade pública, nomeadamente da Atención Primaria, no rural.