Un home é detido nun hospital de Vigo tras agredir a súa parella que o fora visitar
Detido un home en Vigo por agredir a súa parella tras discutiren polo mando da televisión
Aberta unha convocatoria de axudas de até 800 euros mensuais para vítimas de violencia machista
Investigan un caso de violencia machista con arma branca en Noiteboa na Coruña
Detido un veciño de Vigo por unha suposta agresión á súa parella
A Policía Local de Vigo detivo un home de 56 anos de idade, O.A.V., como presunto autor dun delito de violencia de xénero, por unha agresión á súa parella, coa que discutiu por supostos motivos económicos. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron a pasada madrugada, cando o 092 recibiu un aviso dunha muller para acudir a un domicilio da rúa Mazaricos, ante un epispdio de violencia de xénero. Á súa chegada, os axentes entrevistáronse coa muller, que relatou que tivera unha discusión coa súa parella, porque el lle recriminou un gasto que aparecía reflectido nunha conta común. Segundo a súa versión, o home reaccionara de forma violenta, impedíndolle saír de casa para ir traballar.
Ratifican a condena de 21 anos de cárcere para o home que asasinou a coiteladas a súa muller en Gondomar en 2020
O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) ditou sentenza na cal desestima os recursos interpostos pola defensa e tamén polas acusacións, no caso de Valentín A.B., que foi condenado a 21 anos de prisión por asasinar a súa muller a coiteladas no domicilio familiar de Gondomar (comarca de Vigo), en decembro de 2020, e ratificou integramente a sentenza condenatoria. A sección quinta da Audiencia de Pontevedra, con sede na cidade olívica, ditou sentenza, en base ao veredicto dun tribunal de xurado, pola que impuxo 21 anos de cárcere a Valentín A.B., como autor de asasinato da súa muller, Soledad, coas agrabantes de parentesco e xénero.
Prisión provisional para o detido en Santiago acusado de agredir a súa muller cun coitelo
Piden nove anos de cárcere para un vigués acusado de violar unha menor coa que convivía
Aumentan 17% as ordes de protección de vítimas de violencia machista na Galiza
Detido un home en Compostela tras acoitelar a súa parella, que foi trasladada ao Hospital Clínico
As axudas para fillas e fillos menores de 30 anos de vítimas mortais por violencia de xénero xa poden solicitarse
O Diario Oficial da Galiza (DOG) publicou unha nova convocatoria de axudas dirixida aos fillos e fillas menores de 30 anos de vítimas mortais por violencia de xénero e a mulleres que resultaron gravemente feridas como consecuencia dunha agresión. O orzamento destas indemnizacións para 2024 ascende a 70.000 euros, ampliábeis en funcións das necesidades, e os apoios poderán solicitarse desde esta quinta feira até o 30 de novembro de 2024. Os beneficiarios recibirán 7.000 euros nunha única achega e poderán obter a axuda cada un dos fillos da vítima mortal de violencia de xénero que en data do falecemento da nai sexan menores de idade e convivisen con ela, independentemente da renda familiar.
Piden cinco anos e medio de prisión para un home por romper unha orde de afastamento e agredir a súa ex parella
A mocidade decidirá a que destinar 100.000 euros do orzamento compostelán
Convocada para este domingo unha concentración en Vigo en repulsa do crime machista de Oroso
Minuto de silencio en Oroso en repulsa polo crime de violencia machista
O alcalde fixo unha invitación á "reflexión colectiva". "A promoción de igualdade entre homes e mulleres, a súa construción real e efectiva, corresponde a todos", apuntou.