15/xul./19
Actualizado: 18/xul./19
Etiqueta
Até 90 embarcacións izaron as velas para despedirse da Guarda após catro días de intensa programación no marco do Encontro de Embarcacións Tradicionais.
O domingo 14 de xullo este evento bianual chegou á súa fin coroando a XIV edición do encontro cunha homenaxe ás 120 veciñas e veciños da Guarda que colaboraron como voluntariado para facelo posíbel.