DEPORTES

GALERÍA | Coñece a Vila Olímpica de París 2024, rúa a rúa

'Nós Diario' desprázase até a Vila Olímpica de Saint-Denis para coñecer de primeira man o que será durante as próximas semanas o fogar das e dos atletas olímpicos primeiro e dos paralímpicos despois. Máis de 50 hectáreas de extensión nas que se construíron edificios con capacidade para acoller unhas 15.000 persoas —entre deportistas, persoal técnico e voluntarias—. Unha vez sorteadas as ducias de policías que se amorean tras os valos e superado o control de seguridade parecemos entrar nunha cidade de corte futurista —así a define a propia organización—, unha cidade paralela ao municipio no que se empraza.