Un cento de artistas musicais expresan o seu apoio ao BNG

Dakidarría é unha das bandas que pediu o voto a Ana Pontón (Foto: Dakidarría).
Até 100 bandas e artistas musicais amosaron esta quinta feira o seu apoio ao "cambio galego". "Queremos que Ana Pontón sexa a próxima presidenta da Xunta da Galiza", expresaron este grupo de músicos e músicas, no que se atopan bandas tan recoñecidas como Dios Ke te Crew, Dakidarría ou Loita Amada, así como artistas de renome como Xurxo Souto ou Paloma Fernández, do coro da ra. Incluso unha das bandas máis míticas do pop-rock estatal como os cataláns El Último de la Fila (Manolo García e Quimi Portet) manifestou o seu apoio á candidata do BNG a presidir a Xunta.