música

Pablo Agra, Alba V. Burke, Ana Moas e Pablo Pazos son Carabela (Foto: Antonio Rubio).
CULTURA

VÍDEO | Carabela despide o seu primeiro EP cunha conxunción melódica chamada 'Nø'

A banda noiesa Carabela estrea gravación en estudio e vídeo en directo da súa "nova" canción , unha conxunción melódica que mistura os catro temas do seu primeiro traballo, 'Nó'. Pretenden fechar así o seu EP debut para dar a benvida ao seu próximo traballo, que sairá a finais de xuño. A gravación de estudio de -xa dispoñíbel en todas as plataformas- compleméntase cun vídeo gravado en directo na Sala de Exposicións do Coliseo Noela (Noia).
Actuación da israelí Eden Golan en Eurovisión. (Foto: EBU vía Europa Press)
Eurovisión

Apupos (que Eurovisión tenta agochar) a Israel e denuncias pola censura de mensaxes propalestinas

Artistas denuncian a censura 'selectiva' de Eurovisión, que impediu todo tipo de símbolo ou mensaxe que tivese a ver con Palestina ou a denuncia dos ataques israelíes, mais non puido impedir que boa parte do público apupase a representante de Israel, Eden Golan, que pasa á final.
Unha ateigada praza da Quintana recibiu as Fillas de Cassandra (Foto: Arxina).
CULTURA

Fillas de Cassandra encheron a Quintana nas festas da Ascensión de Santiago

A praza da Quintana acollerá, a partir das 20.30 horas dest sexta feira 10 de maio, a segunda edición do Compos Fest, que contará con recoñecidos artistas e grupos locais: Boyanka Kostova, Dios Ke te Crew, André G. S. e Cool Nenas.
Inés, Andrea, Estela, Marcela e Xiana son as integrantes do grupo A Banda da Loba (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A Banda da Loba reivindica a Luísa Villalta máis combativa pondo música ás súas letras en 'E o mar'

Chega a traca final da particular homenaxe a Luísa Villalta da Banda da Loba neste 2024 no que se lle dedican as Letras Galegas. "Non podiamos nin queriamos obviar a cara máis reivindicativa da escritora, que formou parte do movemento Nunca Máis e escribiu tomando posición do lado do pobo palestino nesta guerra que semella non ter fin", explica o grupo. "E o mar é unha homenaxe ao seu activismo, ao seu compromiso, á súa valentía e tamén ao noso pobo, porque non podemos nin queremos esquecer", engade a banda. "Tras o Prestige, os pellets. Que virá despois? Queda aprender para non termos que pasar por ningunha traxedia Nunca máis", culmina A Banda da Loba.

Guadi Galego (Foto: Carlos Abal Lobato).
CULTURA

O Revenidas suma a El Kanka, The Rapants e o dúo Vértebras

Guadi Galego estará no cartel do festival de Vilaxoán, que tamén acollerá os derradeiros concertos na Galiza de Mafalda e Lágrimas de Sangre

María Pérez (María Soa), á esquerda, e Sara Faro, á dereita, son Fillas de Cassandra. (Foto: Santiago Iglesias Abellán)
star
A entrevista

Fillas de Cassandra: "Que alguén se sinta recoñecida nas nosas letras para facer a súa loita é impresionante"

Entre viaxes en furgoneta, concertos e emoción polos proxectos futuros, Fillas de Cassandra, que son María Soa e Sara Faro, fechan a 'Acrópole' coas 'Últimas Dionisíacas' e con ganas de seguir descubrindo a súa voz.
Meiga-i. (Foto: Sergio Albés e Toñi Costas)
star
Á contra

Javi Sánchez (Meiga-i): "Na música tradicional hai sexualidade, hai homoerotismo e hai de todo"

Javi Sánchez ten 26 anos e é de Vigo, aínda que é a súa personaxe e alter ego, a drag pandeireteira Meiga-i, a que recolle os recoñece-mentos por reivindicar a cultura popular desde a modernidade.
Imaxe promocional de 'Game Over', de Filloas (Foto: David O Silva / Alende).
CULTURA

O Festigal elixe Filloas como banda gañadora do concurso Novos Valores 2024

O proxecto compostelá de pop urbano composto por Iago Galego e Paula Ferraz actuará o 24 de xullo de 2024 no escenario principal deste grande evento da cultura galega.
Presentacion XL FIM (Foto: FIM).
CULTURA

O Intercéltico do Morrazo celebra o seu 40º aniversario co cartel máis moañés

O veterano encontro de folk e música tradicional traerá do 23 ao 28 de xullo artistas e formacións como Xabier Blanco, Budiño, Mercedes Peón, Obal ou a escocesa Brìghde Chaimbeul. 
Luísa Villalta. (Foto: Arquivo da familia de Luísa Villalta).
star
Análise

Luísa Villalta como proposta

Xoán Carlos Domínguez Alberte é profesor de ensino público e escritor.
Gravado de Conde Corbal.
CULTURA

As xornadas 'O mar en terra' reivindican o patrimonio marítimo

O programa botará a andar o sábado pola mañá ás 11.30 horas coa inauguración da exposición O mar na obra gráfica de Xosé Conde Corbal.
Elías J. Torres é decano da facultade de Filoloxía da USC e director grupo de investigación Galabra (Foto: Santi Alvite).
SOCIAL

Elías J. Torres Feijó, decano de Filoloxía da USC: "Non se debe confundir a Revolución dos Cravos cunha canción"

Elías J. Torres Feijó (Tui, 1964) vén de ser reelixido decano da Facultade de Filoloxía da USC, a primeira en iniciar a conmemoración do 50 aniversario da Revolución dos Cravos, no mes de abril; e a última en engrandecer a memoria histórica do que supuxo este proceso democrático contemporáneo nos días 7 e 8 de maio. 
Luigi Nono en 1979.
CULTURA

A música e o compromiso de Luigi Nono protagonizan o festival Resis

O Festival Resis da Coruña celebra este ano a súa sétima edición rendendo homenaxe ao comprometido compositor Luigi Nono, unha das grandes figuras da música do século XX, cando se conmemoran os cen anos da súa morte. 
 
Jaime Estévez (2)
CULTURA

Jaime Estévez, membro da European Union Youth Orchestra: Quen tocamos o saxofón temos moi poucas oportunidades de tocar con orquestras sinfónicas"

O saxofonista Jaime Estévez (Vigo, 2001) vén de ser seleccionado para formar parte da European Union Youth Orchestra, considerada unha das mellores orquestras de músicas e músicos novos.

Muiñeira representada no gravado que Mariano Ovejero realizou do cadro de Dionisio Fierros de 1858.
CULTURA

A primeira muiñeira con notación musical está datada en 1786

Julio Alonso Monteagudo constatou que desde o século XVII circulaba pola Península Ibérica un baile coñecido como gaita galega que sería o antecedente máis directo

Mariana, vestida de amarelo

Foto de familia das persoas participantes na segunda edición das residencias Mariñán.
CULTURA

Residencias Mariñán: a creación posta ao servizo da comunidade

A segunda edición das Residencias Artísticas Mariñán, organizadas pola área de Cultura da Deputación da Coruña, rematou onte deixando ver a necesidade do apoio a unha creación que ten como horizonte a reconstrución do común desde unha reapropiación da ética. 
 
Xabier Díaz. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Xabier Díaz: O froito do sementado

É un artista xa consagrado despois de tantos anos na escena galega, onde comezou case na adolescencia. Xabier Díaz (A Coruña 1969), publicou recentemente o seu cuarto disco, Axúdame a sentir, coas Adufeiras de Salitre, un grupo de mulleres coas que xa leva dez anos e un ronsel de actuacións sempre ateigadas dun público fiel. Antes estiveron as experiencias en Rumbadeira, Berrogüetto, aCadaCanto ou Nova Galega de Danza, unha traxectoria que sementou parte da explosión diversa e colectiva da música tradicional galega de hoxe.
star
Música

Algum cheirinho de alecrim

M​ú​sicas Brasileiras, M​ú​sicos Portugueses / Orquestra de Jazz de Matosinhos / Cara - Biscoito Fino / 2024 / Doce pezas / 12 euros
 
O trompetista, vocalista e compositor Louis Armstrong foi unha das figuras máis influentes do jazz. (Foto: S. G.)
star
Música

Louis Armstrong