Convocada folga indefinida en Urbaser Santiago a partir do próximo 15 de maio

Rolda de prensa do comité de empresa de Urbaser Santiago (Foto: Europa Press).

O comité de empresa de Urbaser en Santiago de Compostela convocou unha folga indefinida do servizo de limpeza e recollida de lixo desde a vindeira segunda feira 15 de maio para reclamar que se cumpra o convenio e que "se manteñan os dereitos" que tiñan até o momento "desde hai 40 anos". "Queremos recalcar que isto non é unha folga económica, non pedimos unha subida salarial. Pedimos que se nos sigan mantendo os acordos que temos desde hai 40 anos. Agora quérennos eliminar todo", recalcan.