Convocada folga indefinida en Urbaser Santiago a partir do próximo 15 de maio

O comité de empresa de Urbaser en Santiago de Compostela convocou unha folga indefinida do servizo de limpeza e recollida de lixo desde a vindeira segunda feira 15 de maio para reclamar que se cumpra o convenio e que "se manteñan os dereitos" que tiñan até o momento "desde hai 40 anos". "Queremos recalcar que isto non é unha folga económica, non pedimos unha subida salarial. Pedimos que se nos sigan mantendo os acordos que temos desde hai 40 anos. Agora quérennos eliminar todo", recalcan.

Rolda de prensa do comité de empresa de Urbaser Santiago, a pasada semana. (Foto: Europa Press)
photo_camera Rolda de prensa do comité de empresa de Urbaser Santiago (Foto: Europa Press).
Comentarios