Consello da Xunta

Luis Tosar, a produtora Zaza Ceballos e a Academia Galega do Audiovisual, Medallas da Galiza 2024

Este ano búscase recoñecer a traxectoria do audiovisual galego, un "puntal" non só artístico, senón tamén "económico e cada vez máis estratéxico e vital para a difusión da Galiza e a súa cultura en todo o mundo".
O actor Luis Tosar, a produtora Zaza Ceballos e o premio Mestre Mateo, outorgado pola Academia Galega do Audiovisual. (Fotos: Nós Diario | Europa Press)
photo_camera O actor Luis Tosar, a produtora Zaza Ceballos e o premio Mestre Mateo, outorgado pola Academia Galega do Audiovisual. (Fotos: Nós Diario | Europa Press)

O actor Luis Tosar, a produtora Zaza Ceballos e a Academia Galega do Audiovisual son as persoas e entidade premiadas coas Medallas da Galiza 2024. Así o anunciou esta segunda feira o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu equipo.

Rueda lembrou que, tal e como veñen facendo desde 2021, as e os premiados elíxense cada ano arredor dun eixo común. E neste 2024 búscase recoñecer a traxectoria do audiovisual galego, un "puntal" non só artístico, senón tamén "económico e cada vez máis estratéxico e vital para a difusión da Galiza e a súa cultura en todo o mundo".

Así, os premiados nesta ocasión son o actor natural de Cospeito Luis Tosar, con tres premios Goya no seu palmarés; a produtora Zaza Ceballos, que a través da súa produtora Zenit Televisión "promoveu a igualdade entre homes e mulleres e a difusión da cultura", e mais a Academia Galega do Audiovisual, con máis de 20 anos de traxectoria e máis de 500 persoas asociadas entre guionistas, intérpretes, directoras e realizadoras. É, ademais, a entidade responsábel dos Premios Mestre Mateo.

Comentarios