O rei emérito español volta a Sanxenxo, a cuarta vez este ano

O rei emérito español Juan Carlos I converteuse nun asiduo na localidade pontevedresa de Sanxenxo á que volverá, previsibelmente a vindeira cuarta feira e será a cuarta visita no que vai de ano. O motivo da súa viaxe, segundo detallaron fontes da súa, é participar, de ser posíbel, nas regatas que se desputan na localidade e con iso Juan Carlos continuará cumprindo o seu desexo de acudir a todas. Esta visita producirase case un mes despois da viaxe de maio no que pasou cinco días de lecer na Galiza cos seus amigos e familiares e saíu dous días a navegar.

 

O rei emérito, Juan Carlos I, a bordo do 'Bribón' en Sanxenxo (Foto: José Oliva).
photo_camera O rei emérito, Juan Carlos I, a bordo do 'Bribón' en Sanxenxo (Foto: José Oliva).
Comentarios