Tres feridos nunha colisión entre dous coches en Saiáns, Vigo

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)

Tres persoas resultaron feridas nunha colisión de dous coches rexistrada na estrada de Camposancos ao seu paso por Saiáns, no municipio de Vigo. Segundo informou o CIAE 112 Galiza, o sinistro produciuse esta sexta feira e foi necesaria a intervención dos bombeiros para excarcerar un dos ocupantes dos turismos implicados. Unha vez liberada a vítima, os servizos de Urxencias Sanitarias 061 trasladaron ás tres persoas feridas o centro hospitalario de referencia.