Unha muller resulta ferida de gravidade tras ser mordida por un can en Santiso

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)

Unha muller resultou ferida de consideración ao ser mordida por un can no municipio de Santiso. Segundo informou o CIAE 112 Galiza, o suceso produciuse esta sexta feira. Até o lugar mobilizouse o helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias 061 para atender a muller, que caeu ao chan despois de ser atacada polo can. A muller ferida foi recollida no centro de saúde de Melide para o seu traslado ao hospital.