É posíbel xa subscribirse a Sermos Galiza por só 12 euros ao mes

Capa do nº 96

Alargar e reforzar a Comunidade Sermos, sermos cada día máis, é unha das chaves para reforzarmos o espazo de comunicación galego e en galego. Desde hoxe, é posíbel subscribirse ao noso semanario, o único en lingua galega que se edita no país, por só 12 euros ao mes.

 

Dentro da campaña Amígate con Sermos, Sermos Galiza pon en marcha unha nova iniciativa para tornar máis económico o acceso ao noso xornal impreso, hoxe o único semanario en galego que se edita no país.

Desde esta mesma quinta feira mesmo, é posíbel subscribirse ao Sermos Galiza por só 12 euros ao mes, através da nosa loxa.

Nas últimas semanas, Sermos Galiza fixo un grande esforzo editorial ao alargar o semanario en 8 páxinas sen elevar o prezo, nun momento en que a tendencia no mundo da imprensa escrita é xusto a contraria.

Desde que o xornal é a 40 páxinas, incorporamos novas seccións -como Mesa e Mantel, auténtica xanela sobre a que se debruza a cociña galega, quer a tradicional quer a vangardista; ou Textos, un espazo para disponibilizarmos as últimas novidades editoriais que se producen no país.

Sermos Galiza estabilizou tamén conteúdos como os deportes -con especial atención aos minoritarios- e as páxinas de pensamento, en congruencia coa aposta na análise e na reflexión demorada que caracteriza ao semanario desde o seu nacimento.

A páxina Facebook adianta os contidos

Nestas últimas semanas, Sermos Galiza reforzou tamén a súa presenza nas redes, cun maior activismo quer no twitter quer no Facebook.

Nas últimas semanas, Sermos Galiza fixo un grande esforzo editorial ao alargar o semanario en 8 páxinas sen elevar o prezo

Nesta última rede, disponibilizamos os contidos do semanario, desta volta do número 96. No momento en que rediximos estas liñas, o Facebook de Sermos Galiza está a piques de chegar aos 10.000 aderentes.