Sermos Galiza

Número de exemplares diarios de pago ordinario (subscricións e venda directa). [Fonte: OJD]
SOCIAL

A OJD consolida 'Nós Diario' entre os principais xornais en papel: sétimo en vendas directas e subscricións individuais

Os datos auditados pola Oficina de Xustificación da Difusión (OJD, nas súas siglas en español) demostran unha penetración social cada vez maior de 'Nós Diario' como xornal en papel, ao dar conta do aumento do número de subscricións tanto en soporte físico como para a lectura na nube e de vendas.
Rafa Villar, Carlos Bernárdez, Luísa Villalta e Manuel Miragaia. Encontro Galeuzca. Andorra, 1996 (Foto: Arquivo X. Carlos Bernárdez).
star
Reportaxes

A poesía de Luísa Villalta: a emoción crítica

A de Luísa Villalta en En concreto foi unha procura lúcida e teimosa, a do segredo da historia colectiva e a do ser íntimo através dunha viaxe aos infernos que é tamén rumbo de fusión da poeta coa Cidade. A imaxe visionaria e a ollada expresionista constitúen claves importantes da singularidade deste libro, unha publicación decisiva no panorama actual da poesía galega.
Luísa Villalta en decembro de 2001 (Foto: Andrés Panaro).
star
Reportaxes

Por fortuna, ás veces non sabemos que nos estamos a despedir: derradeira tarde con Luísa Villalta

Cando alguén querido marcha, á sensación de que afundiu no mar un continente, e nós con el, sucede a aparición dun mundo de illotes a emerxer para que os recordos, náufragos, se aferren ás rochas. A nosa escritora era unha certeza de carne e óso, agora memoria e palabra nada máis. Nada menos.
Montaxe con parte do elenco -fotografado por Víctor Echave- de 'O paseo das esfinxes'. Atrás, Xosé Bonome, Amalia Gómez, Luísa Villalta, 
Rita F. Gasalla e Manuela Varela.  Diante, Pedro Picos, Isabel Blanco, Sabela Hermida, Lino Braxe e Rebeca Montero (Foto: Víctor Echave).
star
Reportaxes

Desde o inicio, o teatro: novas escenas de Luísa Villalta

A lectura da obra 'Os pasos contados' reviste un grande interese xa que amplía o perfil teatral da autora. Ao tempo, o texto achéganos o autorretrato artístico dunha escritora comprometida e involucrada na procura da verdade persoal no proceso de creación.
A escritora Luísa Villalta (Foto: Arquivo familiar de Luísa Villalta).
star
Reportaxes

A descoberta de devir galega: a voz singular de Luísa Villalta

A seguir reproducimos a intervención de María Pilar García Negro proferida no acto de homenaxe a Luísa Villalta organizado na Coruña, no Teatro Rosalía de Castro, por Galiza Cultura, o 6 de Marzo de 2024, no vixésimo aniversario do seu falecemento. Este acto foi o primeiro multitudinario organizado na Galiza e na Coruña na honra e recordación da escritora.
Intervención do xornalista Yuri Carrazoni por videoconferencia ante a asemblea xeral de MIDAS, esta sexta feira. (Foto: Jakob Volgger)
SOCIAL

'Nós Diario' ingresa como membro de pleno dereito na rede MIDAS

O xornal torna no 28º integrante da Asociación Europea de Diarios en Linguas Minoritarias e Rexionais (MIDAS).
Marga do Val. (Foto Arxina).
Día das Letras Galegas

Marga do Val, escritora e tradutora: "Luísa Villalta escribiu para os tempos de hoxe"

A escritora Marga do Val (Vigo, 1964) coordina o número especial do 'Sermos Galiza', con motivo do Día das Letras Galegas, que acompañará 'Nós Diario' este sábado 11 de maio. 'Luísa Villalta. Devir comunidade' aglutina textos dunha ducia de autoras e autores moi próximos a Luísa Villalta.
Sara Faro, Ana Loureiro, María Obelleiro e Rafa Ruíz-Matas, na presentación de 'Xeración Alfa' onte en Pontevedra (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Nace 'Xeración Alfa': Pontevedra acolle a presentación da revista de actualidade da mocidade galega

Pontevedra acolleu esta terza feira a presentación pública da nova revista xuvenil editada por Sermos Galiza S.A., 'Xeración Alfa', coincidindo co día en que saíu do prelo o primeiro número. Miles de mozos e mozas de todo o país puideron gozar xa dos variados contidos que lles ofrece esta nova publicación, desde o sector cultural até a moda, o deporte ou a formación.
Xurxo Souto co seu novo libro (Foto: Nós Diario).
star
Libros

A (necesaria) unión da música e da poesía

reigosa
star
Reportaxes

Brancaflor, Xoán Soldado e outros nomes propios nos contos galegos de tradición oral

A onomástica asociada ao conto folclórico forma parte intrínseca do noso patrimonio cultural inmaterial. Os contos que contamos son resultado dunha demorada decantación de diversas tradicións orais e literarias con ecos das súas orixes e pegadas das diferentes culturas coas que estiveron en contacto. Os nomes propios de protagonistas e lugares onde suceden forman parte da súa portentosa bagaxe.
Bruno Carvalho
star
Entrevistas

Bruno Carvalho: xornalismo e guerra

Durante oito meses, o xornalista portugués Bruno Amaral de Carvalho (Lisboa, 1982) estivo informando sobre a guerra en Ucraína desde o Donbás, converténdose en varias fases do conflito no único correspondente de guerra occidental nesa área, desde a que asinou unha vintena de crónicas para Nós Diario, entre outros medios de comunicación, que tamén se reflicten no libro A guerra a leste: 8 meses no Donbass (Caminho), que presentará o 9 de maio en Vigo, o 10 en Compostela e o 11 na Coruña.
Roscas fóra do forno
star
Reportaxes

O pan galego, os segredos da masa do país

Edu Lavandeira mestura na súa recente obra Pan galego (Xerais) a súa paixón pola gastronomía coa súa carreira audiovisual e comunicativa, ofrecendo a través do seu libro todo un mundo de coñecementos sobre o pan do noso país. O propio autor, despois de ter viaxado por moitos países do planeta, considera o pan galego como "o mellor do mundo" polo seu sabor, textura e humidade, sendo este "un pan especial", tanto pola cantidade de auga presente na súa masa como pola súa laboriosa elaboración.
sermos-web
CULTURA

O correspondente Bruno Carvalho, a historia da Galiza a través do pan e a actualidade da tradición oral protagonizan o ‘Sermos Galiza’

Novo número do semanario, á venda este sábado 4 de maio por 3,20 euros xunto ao xornal 'Nós Diario'

Capa do 'Sermos Galiza' sobre Luísa Villalta.
CULTURA

Luísa Villalta protagoniza o especial 'Sermos Galiza' do 11 de maio, con contidos inéditos

Este número do semanario, de 48 páxinas, recolle fotografías, textos e unha carta inédita da autora homenaxeada polas Letras Galegas 2024.
Anxo Angueira ingresou na RAG nun acto celebrado nun ateigado Auditorio Municipal de Padrón. (Foto: RAG).
CULTURA

Anxo Angueira: "Serei un soldado máis en defensa do proxecto da Academia"

Entrevistamos o último académico da lingua galega.
Ilustraçom comemorativa do 100 aniversario das Escolas de Ensino Galego (Foto: Leandro Lamas).
star
Reportaxes

Escolas Semente vindicam o acervo educativo irmandinho no cem aniversário da Escola de Ensino Galego

O dia 23 de abril de 2024 figérom-se cem anos da instituiçom da Escola de Ensino Galego por parte das Irmandades da Fala. Um projeto educativo popular, curricularmente autocentrado, multilíngue e pedagogicamente vanguardista. A sua luz secularizadora e humanística atravessou a escuridom da ditadura primorriverista chegando aos nossos dias para alumiar o horizonte da Escola Nacional Galega.  
Xabier Díaz. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Xabier Díaz: O froito do sementado

É un artista xa consagrado despois de tantos anos na escena galega, onde comezou case na adolescencia. Xabier Díaz (A Coruña 1969), publicou recentemente o seu cuarto disco, Axúdame a sentir, coas Adufeiras de Salitre, un grupo de mulleres coas que xa leva dez anos e un ronsel de actuacións sempre ateigadas dun público fiel. Antes estiveron as experiencias en Rumbadeira, Berrogüetto, aCadaCanto ou Nova Galega de Danza, unha traxectoria que sementou parte da explosión diversa e colectiva da música tradicional galega de hoxe.
Ampliación do Centro de Saúde da Laracha, en Bergantiños (Foto: Héctor Santos-Díez).
star
Reportaxes

Ezcurra e Ouzande: Nas puntas dos pés

Cando o espazo a intervir ten valor histórico, unha actitude posíbel é a de ser sutís e discretos. O estudio de arquitectura Ezcurra e Ouzande ten demostrado gran sensibilidade na rehabilitación.  Traballando con sixilo, sen facer ruído, como quen anda nas puntas dos pés. Conxugan a actualización dos edificios co mantemento da súa atmosfera orixinal. Nas obras novas apostan pola innovación conxugada coa sustentabilidade.  
star
Cociña

Viaxe ás Indias

Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

Xabier Díaz, as Escolas Semente e a rehabilitación arquitectónica protagonizan o 'Sermos Galiza'

Novo número do semanario, á venda este sábado 13 de abril por 3,20 euros xunto ao xornal 'Nós Diario'