Eurovisión

Portugal denuncia "eventos de perseguição da delegação israelita, a membros da Grécia, Suíça, Irlanda e Países Baixos"

A delegación portuguesa denuncia casos de asedio e persecución por parte de elementos da delegación de Israel, segundo a 'RTP'.
Iolanda representa a Portugal en Eurovisión (Foto: Jens Büttner / DPA vía Europa Press).
photo_camera Iolanda representa a Portugal en Eurovisión (Foto: Jens Büttner / DPA vía Europa Press).

Membros da delegación portuguesa no Festival da Eurovisión, cuxa final se realiza este sábado en Malmo, en Suecia, afirmaron ter visto "eventos de perseguição da delegação israelita, a membros da Grécia, Suíça, Irlanda e Países Baixos" na sala da Malmo Arena, segundo avanzou a RTP, a canle pública lusa.

A noticia é avanzada pola RTP, que menciona que os eventos de persecución terían tido lugar na zona de 'backstage' próxima á delegación portuguesa, segundo recolle Expresso. Por ese motivo, Portugal tería pedido á Unión Europea de Radiodifusión, organizadora do festival, unha reunión de emerxencia que tivo lugar este sábado.

Detencións

A poucos minutos do inicio do Festival da Eurovisión da Canción, rexistráronse varias detencións en Malmo no marco da da manifestación en solidariedade con Palestina e contra a participación de Israel. A final vai decorrer este sábado a partir desde as 21 horas.

Nesta manifestación miles de persoas protestaron na cidade de Malmo (Suecia), unhas 8.000 segundo as autoridades, en solidariedade con Palestina e contra a participación de Israel no festival musical que ten lugar este sábado, mais a controversia vai máis alá.

Polémica

Neste contexto, a anterior participante de Noruega, a cantante Alessandra Mele, que ía ser a portavoz dos votos do xurado deste Estado, decidiu apearse do seu labor nun comunicado a través de redes sociais no que se mostrou solidaria co pobo palestino.

Pola súa parte, os apupos que xa se deran na semifinal contra a participante de Israel, Eden Golan, multiplicáronse durante os últimos ensaios que tiveron lugar horas antes do comezo da galega deste sábado, que ten o inicio programado ás 21 horas.

Durante a quenda de Francia, xa na recta final das actuacións, produciuse outro momento destacado. Slimane interrompeu a súa interpretación de Mon Amour durante os ensaios para pronunciarse e pedir a paz, arrincando os aplausos do mundo.

Ademais, Bambie Thug, a representante de Irlanda, ausentouse dos ensaios este sábado para pór en coñecemento da organización unha queixa polos comentarios pexorativos cara a ela na retransmisión da semifinal de KAN.

O caso dos Países Baixos

O representante dos Países Baixos no festival de Eurovisión, Joost Klein, non participará na final do certame musical que terá lugar este sábado despois dun un intento de "intimidación" a unha integrante do equipo de produción, segundo fixo saber.

A delegación neerlandesa recoñeceu que o cantante se dirixiu cun xesto agresivo á integrante do equipo de produción, mais que a cousa non foi máis alá e non houbo ningún tipo de contacto físico, polo que consideraron a decisión de desproporcionada.

A expulsión chega despois de que o cantante neerlandés se fixese viral nas redes por unha intervención na que animaba a responder a pregunta dun xornalista á representante de Israel sobre o aumento da inseguridade pola súa presenza no festival.

Máis en CULTURA
Comentarios