Sermos Galiza realizou Xunta Ordinaria de accionistas e aprobou o roteiro a seguir

Xunta de accionistas de Sermos.

A Xunta Xeral de accionistas é o órgao soberano da sociedade e os acordos adoptados nela obrigan a todas as persoas accionistas que así aprobaron os obxectivos para o próximo perídodo. Non houbo votos en contra e os informes foron apoiados por unanimidade.

A xunta, que comezou con apenas 10 minutos de atraso e se desenvolveu ao longo de 2 horas e media, analizou os informes de xestión e o estado de contas da sociedade e os obxectivos para o próximo período.

A exposición e posterior aprobación das contas e do informe de xestión, presentado pola xerencia e polo conselleiro delegado, correspondentes aos 2012 e 2013, foi o primeiro dos puntos da orde do
día e máis extenso. As intervencións que se produciron unha vez rematado o informe foron coincidentes no sentido de considerar este período que agora comeza até a próxima xunta xeral,
como fulcral para acadar os obxectivos da empresa. Neste sentido, varias das intervencións insistiron na necesidade de, seguindo as liñas que o informe marcaba, afortalar o semanario a través da
consecución de máis subscricións e do incremento da venda en quiosque. O informe foi aprobado con 1072 votos presentes e representados por delegación, ningún voto en contra e ningunha abstención.


Tamén aprobou a xunta continuar coa ampliación do capital social da empresa até chegar a unha contía máis significativa e ratificou o Consello de Administración até a próxima xunta xeral, mantendo tamén
as mesmas persoas na responsabilidade de Xerencia e Consellería Delegada e Presidencia. Tanto nun caso como no outro o resultado foi o mesmo: 1073 votos presentes e representados por delegación, ningún voto en contra e ningunha abstención.