#Sermos110: Fart@s de colapsos, fart@s de peaxes

Un novo número do semanario saído do forno que xa podes adquirir na nosa loxa. Reportaxes (o caro despropósitos das vías galegas), entrevistas (Julia García, de MSF, o gaiteiro Manuel Durán,...) e moito máis neste nº110.

Máis un número do Sermos Galiza nos quiosques e na nosa loxa. Con reportaxes, entrevistas, críticas literarias e cinematográficas, novas... e todo iso no noso idioma. O tema da semana centrámonos no caro despropósito que se dá en vías de comunicación fulcrais para o país, como a AP9 e a A8. Rodri Suárez debulla unha realidade que ten efectos directos no peto e na paciencia da cidadanía galega.

Imos até As Pontes, ignorada por Endesa e Industria nun momento crucial, e que fica excluída das axudas para diversificación empresarial. Tamén falamos de Vilaxoán, a vila arousá que esta fin de semana acolle o Festival Revenidas, un clásico con cartaces sempre gorentosos.

Tamén neste Sermos hai un bo feixe de entrevistas. Como a que lle fixemos a Julia García, de Médicos sen Fronteiras, que en maio viviu en Guiné o punto de inflexión do brote de ébola. Tamén falamos con Gonzalo Novoa, que cruzou a pé Galiza de leste a oeste (Vilafranca-Muxía) sen descanso e en só 45 horas.

“A música é, logo da lingua, o que máis nos identifica como pobo”

Miquel Casals, coordenador da rede de voluntari@s 9N fala do proceso soberanista catalá e entrevistamos a Manuel Durán, gaiteiro: “a música é, logo da lingua, o que máis nos identifica como pobo”. En Internacional imos até dous puntos de actualidade: A revolta en Ferguson após o asasinato pola policía dun adolescente negro desarmado e Ucraína. O colectivo XEA ensínanos en Viaxes na Miña Terra a fermosura do traxecto entre A Guarda e Camposancos. E en deportes, Galiza estrea selección feminina de fútbol gaélico.

E en cultura, 15-A Día das Galegas nas Letras: feminismo, cultura e moita festa