Abraham Cupeiro e Fernando Buíde abren o ciclo Ópticas Contemporáneas

O Ensemble Musica Practica con Abraham Cupeiro.
Cupeiro tocará varios dos instrumentos ancestrais que vén recuperando, como o carnyx celta, o aulos grego e o cornu romano.

O primeiro concerto do ciclo Ópticas contemporáneas, que se desenvolve na Cidade da Cultura de Compostela , liga este domingo 15 de setembro, ás 19 horas, os sons dos devanceiros coa composición contemporánea. A actuación reúne o Ensemble Música Práctica co multiinstrumentista e luthier Abraham Cupeiro, convidado de honra para interpretar por primeira vez na Galiza a obra A constelación de Saxitario, composta especificamente para el polo compostelán Fernando Buide.

A peza é un encargo conxunto da Quincena Musical de San Sebastián e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, dentro das accións de apoio á creación artística. Nela,  así como bucinas mariñas, presentes en tantas culturas sonoras. A través delas e co acompañamento do violín, o piano, o violonchelo e a percusión do ensemble, fará resoar no Gaiás un mundo perdido e agora recobrado. 

O programa do concerto fai un percorrido pola creación musical recente no que, ademais da peza de Buide, Música Práctica interpretará obras do catalán Leonardo Balada e do vasco Joseba Torre. Os tres compositores estiveron unidos por traxectoria e formación a Pittsburgh. Intercalados entre elas soarán tamén fragmentos do Zodíaco do alemán Karlheinz Stockhausen.

O ciclo continuará o 18 de outubro con Mudar a pel, unha orixinal proposta escénica que conxuga arte e investigación. Pechará o ciclo a Real Filharmonía da Galiza, o sábado 16 de novembro, cun concerto no que interpretará The Four Seasons Recomposed, na que o compositor Max Ricther reinterpreta a obra de Vivaldi.