Ángel de la Cruz estreará a curta 'Marola' no OUFF de Ourense

O cineasta Ángel de la Cruz é responsábel de éxitos como 'O soño dunha noite de San Xoán'. (Foto: Xulio Gil)

A curta de ficción conta a loita pola integración dos mozos inmigrantes en A Coruña e no reparto participan xogadores do Marola Fútbol Club de A Coruña, un equipo que ten varios xogadores inmigrantes.

O cineasta galego Ángel de la Cruz presentará no Ourense Film Festival, OUFF, a curta A Marola, unha historia de ficción inspirada nas vivencias reais do mozos inmigrantes que loitan por integrarse na Coruña.

A Marola é unha peza que en apenas 20 minutos traslada mediante a ficción a historia real de moitos mozos migrantes.

Na curta, que parte dunha idea de Vicente Bellón, avogado e fundador do Club de Fútbol A Marola da Coruña, participan moitos integrantes deste equipo, que posúen vivencias similares ás que se relatan na curta de De la Cruz. Este elenco non profesional complétase con actores e atrices como Estíbalez Veiga, Xoán Perez ou Tito Barbeito.

O obxectivo da curta é trasladar ao público as historias e vivencias de moitos inmigrantes que chegan a cidades galegas, eliminar prexuizos desde a solidariedade.

A Marola terá a súa estrea mundial no marco da vindeira edición do OUFF, que se celebrará entre o 27 de setembro e o 6 de outubro.

Ángel de la Cruz estreou en 2023 O home e o can, a súa segunda longametraxe de non-animación após Os mortos van ás présas (2008).