O cineasta galego Ángel de la Cruz presentará no Ourense Film Festival, OUFF, a curta A Marola, unha historia de ficción inspirada nas vivencias reais do mozos inmigrantes que loitan por integrarse na Coruña.
A Marola é unha peza que en apenas 20 minutos traslada mediante a ficción a historia real de moitos mozos migrantes.
Na curta, que parte dunha idea de Vicente Bellón, avogado e fundador do Club de Fútbol A Marola da Coruña, participan moitos integrantes deste equipo, que posúen vivencias similares ás que se relatan na curta de De la Cruz. Este elenco non profesional complétase con actores e atrices como Estíbalez Veiga, Xoán Perez ou Tito Barbeito.
O obxectivo da curta é trasladar ao público as historias e vivencias de moitos inmigrantes que chegan a cidades galegas, eliminar prexuizos desde a solidariedade.
A Marola terá a súa estrea mundial no marco da vindeira edición do OUFF, que se celebrará entre o 27 de setembro e o 6 de outubro.
Ángel de la Cruz estreou en 2023 O home e o can, a súa segunda longametraxe de non-animación após Os mortos van ás présas (2008).