A Xunta quebranta o seu propio acordo: a falta de docentes e desdobramentos manterá as ratios por aula no máximo

A pouco máis dun mes para que comece o curso escolar as asociacións de nais e pais do alumnado acrecentan a súas queixas ante a administración educativa. Aseguran que a Consellaría de Educación non está a cumprir os acordos asinados para baixar as ratios e reducir o horario lectivo dos docentes a 23 horas semanais.
Aulas de Infantil e Primaria superan o límite de 20 ou 25 alumnos que obrigan a reforzar o persoal ou desdobrar os grupos. (Foto: Arxina).
photo_camera Aulas de Infantil e Primaria superan o límite de 20 ou 25 alumnos que obrigan a reforzar o persoal ou desdobrar os grupos. (Foto: Arxina).
Comentarios