París 2024 | Atletismo

Rojé Stona, o lanzador de disco que venceu ao favorito... e deixou o seu pai sen récord olímpico

O xamaicano Stona fixo enmudecer esta cuarta feira o Stade de France cando no seu cuarto intento lanzou o disco a unha distancia de 70 metros.
O xamaicano Rojé Stona lanzando o disco esta cuarta feira no Stade de France. (Foto: World Athletics)
photo_camera O xamaicano Rojé Stona lanzando o disco esta cuarta feira no Stade de France. (Foto: World Athletics)

O xamaicano Rojé Stona fixo enmudecer esta cuarta feira o Stade de France cando no seu cuarto intento lanzou o disco a unha distancia de 70 metros exactos que lle valeu un récord olímpico, superando por 11 centímetros o anterior rexistro, que lograra en Atenas 2004 o lituano Virgilijus Alekna... o pai, precisamente, do lanzador que chegaba á final como gran favorito, Mykolas Alekna, logo de se converter este mesmo ano en plusmarquista mundial cun 74,35 difícil de mellorar.

 Alekna tamén bateu esta cuarta feira o anterior récord do seu pai nuns Xogos, pero foi insuficiente, por apenas tres centímetros, para facerrse co ouro que finalmente levou Stona. O bronce foi para o australiano Matthew Denny (69,31).

Comentarios