O Celta anuncia a fichaxe de Moriba

O centrocampista internacional por Guinea chega á cidade olívica cedido desde o Leipzig. 
Ilaix Moriba, xogando nas filas do Xetafe nun partido contra o Celta durante a pasada tempada. (Foto: AFP7 / Europa Press)
photo_camera Ilaix Moriba, xogando nas filas do Xetafe nun partido contra o Celta durante a pasada tempada. (Foto: AFP7 / Europa Press)

Xa é oficial, o Real Club Celta de Vigo anunciou esta cuarta feira o fichaxe de Ilaix Moriba. O centrocampista internacional por Guinea chega á cidade olívica cedido -con opción de compra- desde o Leipzig.

Con 21 anos de idade, volve á Liga, competición na que irrompeu de maneira espectacular co Barcelona cando acababa de cumprir 18 anos. O seu rendemento e potencial nos seus primeiros pasos en Primeira División propiciaron a súa chegada ao Red Bull Leipzig, club ao que pertence na actualidade.

A súa experiencia na Liga foi crecendo a través de cesións en Valencia e Xetafe, que lle permitiron alcanzar os 66 partidos en Primeira División, cun gol e sete asistencias.

Por outra banda, o centrocampista disputou 23 partidos oficiais coa súa selección, e aterra en Vigo tras representar o seu país nos Xogos Olímpicos, unha competición á que Guinea accedeu por segunda vez na súa historia grazas a un gol de Ilaix ante Indonesia. En París, o centrocampista celeste disputou tres encontros coa súa selección, o último fai menos dunha semana ante Estados Unidos.

Neste sentido, é moi posíbel que, como sucedeu a pasada tempada con Bamba, Moriba cause baixa durante practuicamente un mes entre decembro e xaneiro a causa da Copa África 2025.

Comentarios